Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 1999 Páx. 929

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 18 de decembro de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se notifican expedientes sancionadores incoados por infracción administrativa na orde social.

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícanselles ás empresas relacionadas no anexo as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores en materia laboral e de seguridade e hixiene no traballo.

Faise saber que as ditas resolucións poñen fin á vía administrativa e os interesados poden formular

contra ela recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a súa publicación ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido na Lei do 27 de decembro de 1956, modificada pola do 17 de marzo de 1973, 30 de abril de 1992 e pola do 26 de novembro de 1992.

Advertíndolle que terán que aboa-la multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que se

xuntaba á resolución de instancia, no número de conta e na entidade bancaria que nel se sinala, dentro do prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ó da notificación da presente resolución, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 1998.

Mª José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Preceptos

Empresa

Domicilio

Localidade

Nº expediente

Data resolución

dirección xeral

ou consellería

Infrinxido

Sancionador

Sanción

imposta

Gallega de Aplicaciones, S.L.Arteixo

A Coruña

213/98 (RO)

585/97 (CO)

1698/97 (AI)

19 de xuño de 1998Art. 206 da Ordenanza laboral da construcción (O.M. 28-8-1970), Art. 23 e 151 da Ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo (O.M. 9-3-1971)Artigo 47.16º da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais250.100

Estructuras Cota Cero, S.L.Alcalá de Henares

Madrid

255/98 (RO)

58/98 (CO)

2158/97 (AI)

6 de novembro de 1998Art. 187 e 193 da Ordenanza laboral da construcción (O.M. 28-8-1970)Artigo 47.16º f) da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais1.100.000

Cotfi, S.L.Vigo

Pontevedra

313/98 (RO)

544/97 (PO)

1781/97 (AI)

11 de setembro de 1998Art. 20.3º e 23 da Ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo (O.M. 9-3-1971), Art. 17.4º e 5º da Ordenanza laboral da construcción (O.M. 28-8-1970)Artigo 47.16º f) da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais500.002

Lugasibe, S.L.Antas de Ulla

Lugo

315/98 (RO)

1/98 (LU)

357/97 (AI)

11 de setembro de 1998Art. 14 e 15 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, en relación cos artigos 19 e 21 da Ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo (O.M. 9-3-1971) e os artigos 186, 187 e 188 da Ordenanza laboral da construcción (O.M. 28-8-1970)Artigo 47.16º f) da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais251.000