Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 1999 Páx. 930

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1999 pola que se anuncia a contratación polo procedemento aberto de tramitación urxente e anticipada de expedientes de gasto mediante concurso dun contrato de consultoría e asistencia para a edición da revista Consumidores.

Entidade adxudicadora: Instituto Galego de Consumo.

Obxecto do contrato: traballos de toma de datos, investigación e estudios previos á edición da revista Consumidores.

Prazo de execución: o prazo de execución comprenderá desde a data da súa sinatura ata o cumprimento total das obrigas derivadas do contrato. En todo caso este prazo de execución non deberá exceder do 31 de decembro de 1999.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Solvencia económica, financeira e técnica: deberase acredita-la solvencia económica e financeira

a través dun informe de institucións financeiras, de conformidade co establecido no artigo 16.1.a) de LCAP.

A solvencia técnica e profesional acreditarase mediante unha declaración sobre as titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal de dirección da empresa e, en particular, do persoal responsable da execución do contrato tal e como dispón o artigo 19.a) da LCAP.

Orzamento base de licitación: seis millóns de pesetas (6.000.000 de ptas.).

Garantías: non se esixen.

Obtención de documentación e información:

-Entidade: Instituto Galego de Consumo.

-Enderezo: Praza de Europa, 10-A -2º.

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

-Teléfono: 981 54 45 12.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Clasificación: non se esixe.

Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

-Entidade: Instituto Galego de Consumo.

-Enderezo: Praza de Europa 10 A, 2º (Edificio Área Central).

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Admisión de variantes: non se admiten.

Apertura de ofertas:

-Entidade: Instituto Galego de Consumo.

-Enderezo: Praza de Europa 10 A, 2º (Edificio Área Central).

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Data de apertura das ofertas: décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, pospoñerase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: once horas.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 1999.

Jorge J. Rodríguez Vázquez-Molezún

Presidente do Instituto Galego de Consumo