Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 1999 Páx. 920

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1998 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de óptica, do departamento de Física Aplicada, a Humberto Javier Michinel Álvarez (praza 7/1998).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 5 de decembro de 1997 (BOE do 19 de decembro) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de óptica, do departamento de Física Aplicada, a prol de Humberto Javier Michinel Álvarez, con documento nacional de identidade número 34.966.525, e cumprindo o interesado os requisitos do punto 2 do artigo 5º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Humberto Javier Michinel Álvarez profesor titular de universidade da área de coñecemento de óptica, do departamento de Física Aplicada.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no BOE.

Vigo, 23 de decembro de 1998.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo