Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 1999 Páx. 920

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO (181/1998).

En cumprimento do acordado, por resolución do día da data, dictada polo xuíz de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira (A Coruña), faise saber que neste xulgado se tramita expediente de xurisdicción voluntaria, baixo o nº 181/1998, promovido por María López Luaña, sobre declaración de falecemento de Bernardo López Canedo, nado en Brión o día 7 de maio de 1879, fillo de José López Calvo e Manuela Canedo Boquete, o cal emigrou sobre o ano 1910 a Bos Aires coa intención de permanecer na República Arxentina uns anos, sen que desde a súa partida se volvesen ter noticias súas.

O que para os fins previdos nos artigos 2042 e seguintes da Lei de axuizamento civil, en relación cos 193 e concordantes do Código Civil, faise público mediante o presente edicto, o cal se publicará no BOE e no Diario Oficial de Galicia por dúas veces e cun intervalo de quince días, para os efectos legais e para que calquera persoa que o considere oportuno poida comparecer perante este xulgado para ser oída no citado expediente.

Dado en Negreira o dez de novembro de mil novecentos noventa e oito.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

11852