Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 5 de decembro de 1997 (BOE do 19 de decembro) para a provisión dunha praza de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de traducción e interpretación, do departamento de Traducción, Lingüística e Teoría da Literatura, a prol de Luis Alonso Bacigalupe, con documento nacional de identidade número 16.535.717, e cumprindo o interesado os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Luis Alonso Bacigalupe profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de traducción e interpretación, do departamento de Traducción, Lingüística e Teoría da Literatura.
Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado,
que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no BOE.
Vigo, 23 de decembro de 1998.
Domingo Docampo Amoedo
Rector da Universidade de Vigo