Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 1999 Páx. 919

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1998 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería química, do departamento de Enxeñería Química, a María Asunción Longo González (praza 106/1997).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 5 de decembro de 1997 (BOE do 19 de decembro) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería química, do departamento de Enxeñería Química, a prol

de María Asunción Longo González, con documento nacional de identidade número 11.067.389, e cumprindo a interesada os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María Asunción Longo González profesora titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería química, do departamento de Enxeñería Química.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no BOE.

Vigo, 23 de decembro de 1998.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo