Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 1999 Páx. 919

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1998 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de bioquímica e bioloxía molecular, do departamento de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía, a María Luisa Rúa Rodríguez (praza 91/1997).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 5 de decembro de 1997 (BOE do 19 de decembro) para a provisión dunha praza de profesora titular de universidade da área de coñecemento de bioquímica e bioloxía molecular, do departamento de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía, a prol de María Luisa Rúa Rodríguez, con documento nacional de identidade número 34.950.849, e cumprindo a interesada os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María Luisa Rúa Rodríguez profesora titular de universidade da área de coñecemento de bioquímica e bioloxía molecular, do departamento de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no BOE.

Vigo, 23 de decembro de 1998.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo