Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 1999 Páx. 915

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ACORDO do 21 de xaneiro de 1999, do tribunal encargado de xulga-las probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas, polo que se fai público o lugar, a data e a hora de realización da lectura da segunda parte do terceiro exercicio da fase de oposición.

Primeiro.-Convoca-los aspirantes á realización da lectura da segunda parte do terceiro exercicio da fase de oposición que terá lugar nas dependencias da Consellería de Economía e Facenda (Edificio Administrativo San Caetano, s/n. Santiago de Compostela), comezando o día 28 de xaneiro ás 16.30 horas. A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra «H».

Segundo.-Deste acordo darase publicidade no Diario Oficial de Galicia, nos taboleiros de anuncios da Consellería de Economía e Facenda, nas súas

delegacións territoriais e na Escola Galega de Administración Pública, podéndose consultar tamén nos teléfonos (902) 12 00 12 e (981) 54 42 99 de información ó cidadán.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 1999.

Fernando Soler Pareja

Presidente do tribunal