Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria pola Orde do 2 de decembro de 1998 (DOG nº 240, do 14).
Esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas polos artigos 15.4º e 27.2º da Lei da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo,
RESOLVE:
Primeiro.-Adxudicarlles destino nos postos de traballo que se indican ós funcionarios dos que se expresan os datos no anexo desta orde.
Segundo.-O cesamento no actual destino dos funcionarios que obtiveron as prazas producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
A toma de posesión das prazas adxudicadas deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.
Terceiro.-A xefatura de persoal do centro onde causen alta os funcionarios realizará, dentro dos prazos sinalados nos puntos anteriores, a dilixencia de toma de posesión e seguidamente levaranse a cabo os trámites necesarios para a entrada en nómina.
Das dilixencias efectuadas darase traslado, mediante fotocopia, á Dirección Xeral da Función Pública.
Cuarto.-Contra esta orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribu
nal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicándolle previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo.
Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 1999.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación
Universitaria
ANEXO
Denominación e código do posto: subdirector xeral de Formación Profesional e de Educación de Adultos. ED.C05.00.001.15770.001.
Dependencia: Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional.
Localidade: Santiago de Compostela.
Grupo: A.
Nivel: 30.
Corpo ou escala: corpo de profesores de ensino secundario.
Apelidos e nome: Corredoira López, Manuel.
Nº de rexistro de persoal: A33EC3767217857.
Denominación e código do posto: subdirector xeral de Ordenación Educativa. ED.C05.00.002.15770.001.
Dependencia: Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional.
Localidade: Santiago de Compostela.
Grupo: A.
Nivel: 30.
Corpo ou escala: corpo de profesores de ensino secundario.
Apelidos e nome: Fernández Ares, Eduardo José.
Nº de rexistro persoal: A33EC00004217.