Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 1999 Páx. 915

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ACORDO do 21 de xaneiro de 1999, do tribunal encargado de xulga-las probas selectivas para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de estatísticas, grupo A, polo que se fai público o lugar de exposición das cualificacións obtidas polos aspirantes no cuarto exercicio da fase de oposición e o lugar, a data e a hora da celebración do quinto exercicio da fase de oposición.

Primerio.-As listas de aspirantes, coas puntuacións do cuarto exercicio, están expostas no taboleiro de anuncios do Instituto Galego de Estatística. Así mesmo, publicaranse no taboleiro de anuncios da Escola Galega de Administración Pública e poderán consultarse a través dos teléfonos 902 12 00 12 e 981 54 42 99, de información ó cidadán.

Segundo.-Convócanse os aspirantes aprobados á celebración do quinto exercicio para o día 29 de xaneiro de 1999, ás 9 horas, na aula nº 5 da Escola Galega de Administración Pública (rúa de Madrid 2-4, Santiago de Compostela).

Os aspirantes deberán comparecer no lugar indicado provistos do DNI e bolígrafo.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 1999.

José A. Campo Andión

Presdiente do tribunal