Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 1999 Páx. 912

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 1999 pola que se fai público o acordo plenario do día 14 de xaneiro de 1999 polo que se establece o número, distribución de asuntos e composición das seccións do Consello Consultivo de Galicia para o ano 1999.

De conformidade co establecido no artigo 18 do Decreto 287/1996, do 12 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, esta presidencia

RESOLVE:

Facer público o acordo plenario do 14 de xaneiro de 1999, do Consello Consultivo de Galicia, polo que se establecen o número, distribución de asuntos e composición das seccións do devandito consello para 1999, do teor literal seguinte:

«Segundo o disposto nos artigos 15 e 16 da Lei 9/1995, do 10 de novembro, de creación do Consello

Consultivo de Galicia e artigos 16 e 18 do seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 287/1996, o pleno do Consello Consultivo de Galicia, na súa reunión do día 14 de xaneiro de 1999,

ACORDA:

1. Establece-lo número e composición das seccións do Consello Consultivo de Galicia para o ano 1999 da forma seguinte:

-Sección primeira:

* Presidente: Pablo Moure Mariño.

* Vocais: José Luis de la Torre Nieto, José María Gómez y Díaz-Castroverde.

-Sección segunda:

* Presidente: Antonio Carro Fernández-Valmayor.

* Vocais: José María Gómez y Díaz-Castroverde, José Luis de la Torre Nieto;

2. A distribución de asuntos entre elas efectuarase por quenda alternativa segundo a orde de entrada da solicitude de dictames.

3. Que conforme o parágrafo segundo do citado artigo 18, se publique este acordo no Diario Oficial de Galicia».

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 1999.

José Antonio García Caridad

Presidente do Consello Consultivo de Galicia