Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 1999 Páx. 911

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 1999 pola que se convoca un curso sobre o patrimonio en Santiago e o Camiño.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1999 de forma descentralizada, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dun curso sobre o patrimonio en Santiago e o Camiño, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

Lograr un coñecemento do patrimonio histórico artístico de Compostela, que lles sexa útil na súa axuda ós milleiros de visitantes desta cidade no ano Xacobeo, para que os policías sexan capaces de dar unha información clara, concisa e útil ó visitante.

Destinatarios.

O curso vai dirixido ós membros do Corpo da Policía Local de Santiago de Compostela, membros da unidade do C.N.P. adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia e membros da agrupación de voluntarios de Protección Civil de Santiago de Compostela.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertarán neste curso será de 40.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 15 de febreiro, ás 14 horas.

3. As instancias deberán vir asinadas polo xefe do cadro de persoal ou polo concelleiro de tráfico, e seladas; isto será requisito indispensable para ser admitido no curso; o incumprimento deste requisito suporá a exclusión do devandito curso.

4. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Duración.

O curso terá unha duración de 20 horas lectivas e celebrarase en sesións de tarde, de luns a venres.

Datas.

O curso celebrarase do 22 ó 26 de febreiro de 1999.

O horario será de 16.30 a 20.30 horas do serán.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 18 de febreiro, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono 986 59 00 21.

Lugar.

O curso desenvolverase na sede da Academia Galega de Seguridade, sita na avenida da Cultura, s/n, no concello da Estrada.

Certificado de asistencia.

Ó remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 1999.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade