Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 1999 Páx. 862

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 2 de decembro de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea San Cayetano XIV.

Visto o expediente incoado por Dolores Padín Ochoa e María Rosa Padín Ochoa, no que solicitan o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de mexillón denominado San Cayetano XIV, outorgado pola orde ministerial do 3-5-1971, situado na cuadrícula nº 2, do polígono H do Grove, rematando a concesión o 12-5-2001, e do que eran titulares Carmen Ochoa Padín e Juan Padín Lijo.

Tendo en conta o informado polo Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e 10.1º do Decreto 406/1996, e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción de Carmen Ochoa Padín, a certificación do Rexistro de Últimas Vontades, o tetamento, a relación de bens, a escritura de partición hereditaria, e a documentación acreditativa da presentación ó pagamento ou pagamento do imposto de sucesións e doazóns, esta consellería tivo a ben acceder ó solicitado, declarando titulares da concesión administrativa e da batea de que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Dolores Padín Ochoa (76.851.545) e María Rosa Padín Ochoa (76.855.205).

As novas titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas dos anteriores, así como quedan obrigadas

a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 2 de decembro de 1998.

P.D. (Orde do 27-6-1990, DOG 134/10-7-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Pontevedra