Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 1999 Páx. 861

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CÉDULA do 14 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da incoación do expediente sancionador de epizootias LU-334/98 e tres máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación a notificación de incoación de expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria de Lugo.

Noméase instructor do procedemento a Gonzalo Fernández Rodríguez e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarios desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta cédula para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, situada na Ronda da Muralla, 70, para presenta-lo descargo e documentos que considere convenientes na súa defensa, así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretario en calquera momento da tramitación do expediente.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial.

Lugo, 14 de decembro de 1998.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

ExpedienteDenunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoPreceptoSanción

posible

Instructor
InfrinxidoSancionador

LU-334/98Pablo Arias López

DNI: 33.791.191

Aldosende-Paradela (Lugo)

Encontrarse ás 11 horas do día 1 de outubro de 1998 no mercado gandeiro de Monterroso, a efectuar operacións de compra-venda de gando e carecer da cartilla de tratante.Artigos 195 e 196 do regulamento da Lei de epizootias de 1955Artigo 213 do regulamento da Lei de epizootiasDe 1.000 a 50.000 pesetasGonzalo Fernández

Rodríguez

LU-347/98Mª del Carmen Romero Montoya

DNI: 53.511.179

Espín-Coaña (Asturias)

Transporta-lo día 18 de outubro de 1998 no camión matrícula O-8718-AP, conducido por José Ignacio Montoya Romero, 2 cabezas de gando equino, sen te-lo camión rexistrado en Agricultura para este fin.Artigo 52 do regulamento da Lei de epizootias de 1955Artigo 224 do regulamento da Lei de epizootiasDe 2.500 a 100.000 pesetasGonzalo Fernández

Rodríguez

LU-349/98Manuel López López

DNI: 34.152.833

Calvo Sotelo-Sarria (Lugo)

Encontrarse ás 10.20 horas do día 21 de outubro de 1998 no mercado gandeiro de Pedrafita, a efectuar operacións de compra-venda de gando e carecer da cartilla de tratante.Artigos 195 e 196 do regulamento da Lei de epizootias de 1955Artigo 213 do regulamento da Lei de epizootiasDe 1.000 a 50.000 pesetasGonzalo Fernández

Rodríguez

LU-357/98Mª Manuela Castro López

DNI: 33.787.443

r/ Portugal, 3-1º (Lugo)

Transportar ás 8.30 horas do día 14 de novembro de 1998, no vehículo matrícula LU-2854-G, 10 animais porcinos, e carecer de guía de orixe e sanidade pecuaria que amparase o traslado.Artigos 32 do regulamento da Lei de epizootias e 1 da Orde do 2 de febreiro de 1998Artigo 212 do regulamento da Lei de epizootiasDo 20 ó 30% do valor da

res

Gonzalo Fernández

Rodríguez