Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 1999 Páx. 856

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 1999 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e adxudicación por concurso con tramitación urxente, da contratación de consultoría e asistencia técnica para a realización da segunda fase de avaliación intermedia do Programa Operativo de Galicia (P.O.) 1994-1999, cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE).

A Consellería de Economía e Facenda, por proposta da Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios, convoca o seguinte concurso público aberto:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios.

c) Número do expediente: 99/05/006.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: realización da segunda fase da avaliación intermedia do Programa Operativo (P.O.) de Galicia 1994-1999, cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE).

b) Lugar de execución: Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución: antes do 30 de abril de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: 7.000.000 de ptas., IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do orzamento da licitación: 280.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios.

b) Domicilio: San Caetano, s/n.

c) Localidade: 15704 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 51 32.

e) Telefax: 981 54 51 33.

f) Data límite da obtención de documentos e información: os días e horas hábiles de oficina, ata a finalización do prazo de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas ou solicitudes de participación.

a) Prazo: comezará o día seguinte á data de publicación desta resolución e rematará ás catorce horas do decimoterceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia agás que o último día fose inhábil ou sábado, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: os licitadores presentarán toda a documentación que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: as proposicións terán que ser presentadas en sobre pechado no rexistro xeral das oficinas centrais da Consellería de Economía e Facenda ou enviadas por correo dentro do prazo de admisión, nos termos establecidos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

d) Modelo de proposición: a proposición económica formularase conforme o modelo que se xunta como anexo I ó prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consellería de Economía e Facenda (sala de xuntas).

b) Domicilio: San Caetano, s/n.

c) Localidade: 15704 Santiago de Compostela.

d) Data: ás dez horas do quinto día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

10. Gastos dos anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 1999.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

9490