Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 1999 Páx. 857

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/181-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Domicilio social: rúa do Concello, nº 13, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T. e C.T. Universidade Laboral.

Situación: Cierre Universidad Laboral-Cuña de Arriba, Ourense.

Descricións técnicas: liña a 20 kV de 407 m de lonxitude (180 m subterránea máis 227 aérea), deri

vada desde a L.M.T. a Rairo e con final no C.T. proxectado en caseta con 160 kVA, R/T 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 7 de outubro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

248