Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 1999 Páx. 856

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1998 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de expresión gráfica arquitectónica, do departamento de Tecnoloxía e Ciencia da Representación Gráfica, a Ángel José Fernández Álvarez.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 4 de marzo de 1998 (BOE do 25 de marzo), para a provisión da praza número 98/27 de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de expresión gráfica arquitectónica, do departamento de Tecnoloxía e Ciencia da Representación Gráfica desta universidade, a favor de Ángel José Fernández Álvarez, e unha vez que o interesado acreditou os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Ángel José Fernández Álvarez profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de expresión gráfica arquitectónica, do departamento de Tecnoloxía e Ciencia da Representación Gráfica desta universidade.

A Coruña, 23 de decembro de 1998.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña