Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 22 de xaneiro de 1999 Páx. 784

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 18 de decembro de 1998, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Clapes Cons, Mª Carmen e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30

de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra en aplicación do Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro, polo que se regulamenta o recurso de reposición previo ó económico-administrativo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Michelena, 30, Pontevedra, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 18 de decembro de 1998.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Clapes Cons, Mª Carmen

DNI: 35.286.840

Padre Luis, 5-1, Pontevedra

Resolución recurso. Exp. T-1113/97.

Liq. 600602606098

Corrales Valiñas, Eduardo

DNI: 35.257.581

Avd. Fernández Ladreda, 21-2 Esq.,

Pontevedra

Resolución recurso. Exp. T-11991/96.

Liq. 600502649722

Rios Abal, José L.

DNI: 35.976.801

Avd. Camelias, 52-3 A, Vigo

Resolución recurso. Exp. T-1429/98.

Liq. 600702632323

Vaqueiro Hermelo, Antonio

DNI: 35.911.863

Torrecedeira, 92-2 B, Vigo

Resolución recurso. Exp. T-719/94.

Liq. 4940000779