Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 22 de xaneiro de 1999 Páx. 784

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 18 de decembro de 1998, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Mosquera Rodríguez, Mª Pilar e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polas Oficinas Liquidadoras de Distrito Hipotecario de Cambados en aplicación do Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro, polo que se regula o recurso de reposición previo ó económico-administrativo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante as oficinas sinaladas no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Ourense, 16, Cambados en horario de 9 a 14 de lunes a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 18 de decembro de 1998.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Mosquera Rodríguez, Mª Pilar

DNI: 35.883.328

Avd. Castelao, 66-6 B, Vigo

Resolución recurso reposición. Exp. 135/93. Liq. 528/98

Míguez Mosquera, Olimpio

DNI: 8.800.137

Trinidad, 10-1, Santiago de Compostela

Resolución recurso reposición. Exp. 135/93. Liq. 529/98

Míguez Mosquera, Ana

DNI: 35.975.003

Trinidad, 10-1, Santiago de Compostela

Resolución recurso reposición. Exp. 135/93. Liq. 532/98