Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 22 de xaneiro de 1999 Páx. 784

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 18 de decembro de 1998, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Couto Alén, Mª Flor e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra en aplicación do Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro, polo que se regulamenta o recurso de reposición previo ó económico-administrativo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Michelena, 30, Pontevedra, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 18 de decembro de 1998.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Couto Alén, Mª Flor

DNI: 76.794.956

San Andrés de Xeve, 76,

Pontevedra

Resolución recurso contra providencia de constrinximento GR/185/98.

Liq. 600300367615

González Menduiña, José A.

DNI: 36.013.570

Avd. de Vigo, 116, Laredo,

Chapela-Redondela

Resolución recurso contra providencia de constrinximento PO-720/95.

Liq. 8971000662

Pérez Martínez, Servando

DNI: 35.387.505

Os Campos-San Vicente, O Grove

Resolución recurso contra providencia de constrinximento PO-590-88.

Liq. 6500693372COTOC11

Portela Álvarez, Roberto

DNI: 35.761.596

Vía Norte, 28-9 D, Vigo

Resolución recurso contra providencia de constrinximento Exp. 74/91.

Liq. 6501093376CA00107