Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 1999 Páx. 758

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 1999, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de planta de coxeración e planta de recuperación de aceites lubricantes e residuos oleosos, situado no concello de Laracha, provincia da Coruña.

En cumprimento do disposto no artigo 5, punto 2º, do Decreto 442/1990, do 4 de outubro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro), e durante o prazo de trinta días hábiles, o órgano ambiental someterá o

estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude

RESOLVO:

1. Someter a información pública, o estudio de impacto ambiental do proxecto de planta de coxeración e planta de recuperación de aceites lubricantes e residuos oleosos, situado no concello de Laracha, provincia da Coruña.

2. Para os devanditos efectos informativos poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña.

-Concello de Laracha.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 1999.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental