Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 1999 Páx. 758

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se acorda dar publicidade ó acordo do 4-11-1998, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración do impacto ambiental do proxecto de explotación para granito ornamental da concesión derivada do permiso de investigación denominado Ampliación a Confurco II, número 2588.1.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro) de avaliación do impacto ambiental para Galicia a delegada provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra

RESOLVE:

Dar publicidade, mediante a presente publicación, ó acordo do 4-11-1998, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración do impacto ambiental do proxecto de explotación de granito ornamental da concesión derivada do permiso de investigación denominado Ampliación a Confurco II nº 2588.1, sito en terreos do termo municipal de Ponteareas, provincia de Pontevedra, promovido por Fernández Contreras, S.A.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, a unha superficie de 2,66 ha comprendida dentro do espacio solicitado para a concesión mineira de 3 cuadrículas mineiras, delimitado polos paralelos 42º 10' 40", 42º 9' 40" norte, e polos meridianos 8º 33' 20", 8º 33' 00" oeste, e foi incorporada ó expediente da concesión, Ampliación a Confurco II nº 2588.1, e se atopa á disposición de calquera interesado nesta delegación provincial.

Pontevecdra, 22 de decembro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra