Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 1999 Páx. 759

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1998 pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, modificada pola Lei 2/1998, do 8 de abril, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Asistencia técnica para o estudio de viabilidade e anteproxecto do colector xeral do río Miño, marxe dereita, treito: Crecente-A Guarda. (Pontevedra).

Adxudicatario: C.I.I.S.A.

Orzamento: 17.496.570 ptas.

Asistencia técnica para a redacción do proxecto das solucións ó problema das enchentes da Terra Chá-Fases: I e II. (Comarca da Terra Chá-Lugo).

Adxudicatario: Control y Geología, S.A.

Orzamento: 25.672.127 ptas.

Asistencia técnica para a redacción do proxecto de adecuación dos colectores da marxe do río Lagares, acondicionamento das súas ribeiras e actuacións localizadas para o control das augas pluviais. (Vigo-Pontevedra).

Adxudicatario: (U.T.E.) Tranor Tratamientos del Norte, S.L. e Ikaur, S.L.

Orzamento: 46.933.600 ptas.

Asistencia técnica para a tramitación dos expedientes de expropiación dos bens afectados pola construcción do encoro de Acheiro. (Laracha-A Coruña).

Adxudicatario: Toponort, S.A.

Orzamento: 21.000.000 de ptas.

Asistencia técnica para a redacción do proxecto de recuperación de leitos naturais e separación das augas pluviais na rede de saneamento de Vigo. (Vigo-Pontevedra).

Adxudicatario: I.C.E.A.C.S.A.

Orzamento: 15.708.000 ptas.

Asistencia técnica para a realización da tramitación técnica dos expedientes de novas solicitudes de concesións de augas nas concas de Galicia-costa.

Adxudicatario: Ikaur, S.L.

Orzamento: 94.864.705 ptas.

Asistencia técnica para a redacción do proxecto da conducción de auga a Laracha e Arteixo desde o encoro de Acheiro. (Laracha e Arteixo- A Coruña).

Adxudicatario: Diagrama Ingeniería Orense, S.L.

Orzamento: 21.700.000 ptas.

Asistencia técnica para o asesoramento e control da explotación das depuradoras de augas residuais de Galicia, anos 1998-2001.

Adxudicatario: Asesoría Técnica y Control, S.A.

Orzamento: 106.503.133 ptas.

Asistencia técnica para a posta en marcha, tramitación e control do canon de saneamento aplicable ós usos domésticos, anos 1998-2001.

Adxudicatario: (U.T.E.) Ingeniería de Vertidos, S.L.-Visible, S.L.

Orzamento: 75.595.949 ptas.

Asistencia técnica para a divulgación do saneamento integral da ría de Vigo. (Ría de Vigo-Pontevedra).

Adxudicatario: Faro de Vigo, S.A.

Orzamento: 119.978.498 ptas.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 1998.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia