Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 1999 Páx. 757

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude da concesión de explotación denominada Bouza, número 2.569-Fracción II, da provincia de Pontevedra.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de impacto ambiental e plan de restauración da solicitude de concesión de explotación derivada do permiso de investigación Bouza nº 2.569-Fracción II, situada en terreos dos concellos de Pontevedra e Ponte-Caldelas, provincia de Pontevedra, e solicitado por Fernández y Martínez de Granitos, S.L.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar del para consulta nas oficinas desta dirección xeral así como nas dependencias da Delegación Provincial de Industria correspondente e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria