Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 1999 Páx. 756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/316-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: Marqués de Valladares, 23-2º, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T, C.T. e R.B.T. A Picoña-O Pazo.

Situación: Salceda de Caselas.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 700 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios metálicos e de formigón, desde a L.M.T. Xeral Picoña, rematando no C.T. que se proxecta no Pazo-A Picoña, concello de Salceda de Caselas. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T, aérea, de 510 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 24 de novembro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra