Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 1999 Páx. 714

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 11 de xaneiro de 1999 pola que se dictan instruccións sobre a confección de nóminas do persoal ó servicio da Administración autonómica para o ano 1999.

A Lei 6/1998, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1999, fixa a contía das retribucións para o dito exercicio correspondentes ós funcionarios incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

Coa finalidade de facilita-la confección das nóminas que se elaborarán para aboa-las mencionadas retribucións, esta consellería considera oportuno dicta-las seguintes instruccións, que se limitan a aplica-lo disposto na dita disposición e nas precedentes polo que respecta ás súas normas de vixencia indefinida, así como nas demais normas reguladoras do réxime retributivo do persoal ó servicio da Administración autonómica.

Por todo isto, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Instruccións sobre a contía das retribucións dos funcionarios públicos que desempeñan postos de traballo para os que o Consello da Xunta de Galicia aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na Lei 4/1988.

1. Con efectos económicos do 1 de xaneiro de 1999, os funcionarios públicos que desempeñen postos de traballo para os que o Consello da Xunta de Galicia aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na Lei 4/1988, do 26 de maio, percibirán as retribucións básicas e o complemento de destino nas contías que se detallan nos anexos I e II da presente orde.

2. Polo que respecta ós complementos específicos, a súa contía experimentará un aumento do 1,8% respecto da aprobada para o exercicio de 1998, sen prexuízo, se é o caso, do previsto no artigo 10.a) da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 1999.

En consecuencia, a contía dos citados complementos será a que figura na táboa que se detalla no anexo III da presente orde.

3. As contías das retribucións do persoal docente non universitario establecidas por acordos do Consello da Xunta de Galicia, do 16 de xaneiro de 1992 e 23 de xaneiro de 1992, son as que se reflicten no anexo IV desta orde.

4. Os complementos persoais e transitorios recoñecidos en cumprimento do disposto no artigo 10.1º da Lei 13/1988, do 30 de decembro, serán absor

bidos por calquera mellora retributiva incluídas as derivadas do cambio de posto de traballo.

Para os efectos da absorción prevista no parágrafo anterior, en ningún caso se considerarán os trienios, o complemento de productividade nin as gratificacións por servicios extraordinarios, e só se computarán no 50% do seu importe as melloras retributivas derivadas do incremento das retribucións de carácter xeral establecidas no artigo 10 da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1999, entendendo que teñen este carácter o soldo referido a catorce mensualidades, o complemento de destino e o complemento específico.

Segundo.-Devengo de retribucións.

1. A diferencia, en cómputo mensual, entre a xornada regulamentaria de traballo e a efectivamente realizada polo funcionario dará lugar, salvo xustificación, á correspondente deducción proporcional de haberes.

Para o cálculo do valor hora aplicable á dita deducción tomarase como base a totalidade das retribucións íntegras mensuais que perciba o funcionario dividida entre o número de días naturais do correspondente mes e, á súa vez, este resultado polo número de horas que o funcionario teña obrigación de cumprir, de media, cada día.

No caso de toma de posesión no primeiro destino, no de cesamento no servicio activo, no de licencias sen dereito a retribución e, en xeral, nos supostos de dereitos económicos que normativamente deban liquidarse por días, ou con reducción ou deducción proporcional de retribucións, deberá aplicarse o sistema de cálculo establecido no parágrafo anterior.

2. Cando, con suxeición á normativa vixente, o funcionario realice unha xornada inferior á normal, a contía das súas retribucións determinarase na forma prevista nas normas dictadas para a aplicación do réxime retributivo a que estea suxeito.

a) Os funcionarios que realicen unha xornada de traballo diminuída en 1/3 ou en 1/2, de acordo co disposto no artigo 70.f da Lei 4/1988, do 26 de maio, modificado pola Lei 3/1995, do 10 de abril e pola Lei 2/1998, do 8 de abril, experimentarán unha reducción de 1/3 ou 1/2, respectivamente, sobre a totalidade das súas retribucións básicas e complementarias, con inclusión dos trienios.

Para o cálculo do valor hora aplicable á dita reducción nas pagas ordinarias, tomarase como base a totalidade das retribucións íntegras mensuais que perciba o funcionario dividida entre o número de días naturais do correspondente mes e, á súa vez, este resultado polo número de horas que o funcionario teña a obriga de cumprir, de media, cada día.

O importe total da paga extraordinaria afectada por un período de tempo en xornada reducida será o correspondente á suma dos respectivos importes

de cada un dos dous períodos, con e sen reducción de xornada, dos seis meses computables nas ditas pagas, segundo o seguinte sistema de cálculo:

Para o período, ou períodos, non afectados pola reducción de xornada pero incluídos nos seis meses anteriores ó seu devengo, sobre o dito devengo cando o número de días é inferior ó do total computable nela, dividirase a contía da paga extraordinaria que, na data do 1 de xuño ou 1 de decembro, segundo os casos, se devengaría na xornada completa por un período de seis meses, entre cento oitenta e dous (cento oitenta e tres en anos bisestos) ou cento oitenta e tres días, respectivamente, multiplicando este resultado polo número de días nos que se prestase servicio sen reducción de xornada.

Para o período, ou períodos, afectados pola xornada reducida, aplicarase o mesmo sistema de cálculo anterior pero tomando como dividendo a citada contía reducida de forma proporcional á propia reducción de xornada.

b) Ós restantes tipos de xornada reducida, se é o caso, aplicaráselle-la reducción de retribución establecida na súa normativa específica.

3. As retribucións básicas e complementarias que se teña dereito a percibir con carácter fixo e periodicidade mensual faranse efectivas por mensualidades completas e con referencia á situación e dereitos do funcionario referidos ó primerio día hábil do mes a que correspondan, agás nos seguintes casos, en que se liquidarán por días:

a) No mes de toma de posesión do primeiro destino na Comunidade Autónoma nun corpo ou escala, no de reingreso ó servicio activo e no de incorporación por conclusión de licencias sen dereito a retribución.

b) No mes de iniciación de licencias sen dereito a retribución.

c) No mes en que se cese no servicio activo na Comunidade Autónoma, agás que sexa por motivos de falecemento, xubilación ou retiro de funcionarios suxeitos ó réxime de clases pasivas do Estado e, en xeral, a calquera réxime de pensións públicas que se devenguen por mensualidades completas desde o primeiro día do mes seguinte ó do nacemento do dereito.

4. As pagas extraordinarias devengaranse o primeiro día hábil dos meses de xuño e decembro e con referencia á situación e dereitos do funcionario nas ditas datas, agás nos seguintes casos:

a) Cando o tempo de servicios prestados na Administración da Comunidade Autónoma ata o día en que se devengue a paga extraordinaria non comprenda a totalidade dos seis meses inmediatos anteriores ós meses de xuño ou decembro, o importe da paga extraordinaria reducirase proporcionalmente, computando cada día de servicios prestados no importe resultante de dividi-la contía da paga

extraordinaria que na data do seu devengo lle correspondera por un período de seis meses entre cento oitenta e dous (cento oitenta e tres en anos bisestos) ou cento oitenta e tres días, respectivamente.

b) Os funcionarios en servicio activo que se encontren desfrutando de licencia sen dereito a retribución nas datas indicadas devengarán a correspondente paga extraordinaria, pero a súa contía experimentará a reducción proporcional prevista no parágrafo a) anterior.

c) No caso de cesamento no servicio activo na Comunidade Autónoma a última paga extraordinaria devengarase o día do cesamento e con referencia á situación e dereitos do funcionario na dita data pero en contía proporcional ó tempo de servicios efectivamente prestados, excepto que o cesamento sexa por xubilación, falecemento ou retiro dos funcionarios a que se refire o punto segundo 3.c); neste caso, os días do mes no que se produce o dito cesamento computaranse como un mes completo.

Para os efectos previstos na presente orde, o tempo de duración de licencias sen dereito a retribución non terá a consideración de servicios efectivamente prestados.

Se o cesamento no servicio activo se produce durante o mes de decembro, a liquidación da parte proporcional da paga extraordinaria correspondente ós días transcorridos do dito mes farase de acordo coas contías das retribucións básicas vixentes nel.

O persoal que preste servicios na Comunidade Autónoma percibirá as pagas extraordinarias segundo os servicios efectivamente prestados nela, computándose para estes efectos como se tódolos servicios prestados polo funcionario na Comunidade Autónoma fosen na última consellería, organismo ou centro ó que estivese adscrito e en situación de activo o primeiro día hábil dos meses de xuño ou decembro.

Terceiro.-Descontos.

1. No ano 1999, a porcentaxe de cotización que se lles aplicará ós mutualistas das mutualidades xerais de funcionarios será do 1,69% sobre a base de cotización establecida como haber regulador para efectos de cotización de dereitos pasivos.

No anexo V da presente orde exprésanse as cotas mensuais de cotización dos funcionarios á Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado (Muface) e do persoal da Administración de xustiza (MUGEJU), que corresponden ó tipo do 1,69%.

2. As cotas de dereitos pasivos que os habilitados de persoal deben reter en nómina cada mes, continuarán sendo do 3,86% dos haberes reguladores pasivos que fixa a Lei de orzamentos xerais do Estado para 1999, de modo que para tódolos funcionarios do mesmo corpo, escala, emprego ou categoría, cal

quera que sexa a súa antigüidade no servicio do Estado, a cota supón unha cantidade única e idéntica.

Estas cantidades, en cómputo mensual, reflíctense así mesmo no anexo V da presente orde.

O persoal funcionario que estivera suxeito ó réxime xeral da Seguridade Social continuará cotizando de acordo con este sistema.

3. As cotas de dereitos pasivos e de cotización dos mutualistas ás mutualidades xerais de funcionarios correspondentes ás pagas extraordinarias, reduciranse na mesma proporción en que se minoren as ditas pagas como consecuencia de aboarse estas en contía proporcional ó tempo de servicios efectivamente prestados, calquera que sexa a data do seu devengo.

As cotas a que se refire o parágrafo anterior ó igual que as correspondentes ás pagas ordinarias dos períodos de tempo no que se desfrute licencia sen dereito a retribución non experimentarían reducción na súa contía.

Cuarto.-Outras instruccións.

1. As retribucións do persoal laboral da Comunidade Autónoma son as que figuran no anexo VI da presente orde.

O plus de convenio deste persoal será o que figura, no seu caso, nas relacións de postos de traballo aprobadas polos respectivos acordos do Consello da Xunta de Galicia.

2. Os complementos persoais e transitorios e demais retribucións que teñan análogo carácter rexeranse pola súa normativa específica e polo disposto na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 1999.

3. Os funcionarios interinos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988 percibirán as retribucións básicas, excluídos trienios, correspondentes ó grupo no que estea incluído o corpo no que ocupen vacante, e as retribucións complementarias que correspondan ó posto de traballo que desempeñen, excluídas as que, de se-lo caso, estean vinculadas á condición de funcionario de carreira.

4. As retribucións do persoal contratado administrativo a que se refire a disposición transitoria décima da Lei 4/1988, do 26 de maio, introducida pola Lei 4/1991, do 8 de marzo, mentres non se conclúa o proceso de extinción previsto na dita lei, serán as mesmas que viñan percibindo en 1998, incrementadas no 1,8%.

5. De conformidade co disposto no artigo 18.1º da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1998, cando non sexan de aplicación as retribucións establecidas no artigo 15 da dita lei, estas veranse incrementadas no 1,8% con relación ás devengadas no ano 1998.

6. Os funcionarios de carreira que cambien de posto de traballo na Comunidade Autónoma, excepto nos casos previstos na letra a) do artigo 15 da Lei 13/1988, terán dereito durante o prazo de toma de posesión á totalidade das retribucións tanto básicas como complementarias, de carácter fixo e periodicidade mensual.

Para a aplicación do disposto na presente orde, no caso de que o termo do dito prazo se produza dentro do mesmo mes en que se efectuou o cesamento, as citadas retribucións faraas efectivas a dependencia que dilixencie o dito cesamento e, de conformidade co disposto no referido artigo 15, por mensualidade completa e de acordo coa situación e dereitos do funcionario referidos ó primeiro día hábil do mes no que se produza o cesamento. Se, polo contrario, o dito termo recaera en mes distinto ó de cesamento, as retribucións do primeiro mes faranse efectivas da forma indicada e as do segundo aboaraas a dependencia correspondente ó posto de traballo ó que se accede, así mesmo por mensualidade completa e na contía correspondente ó posto en que se tomou posesión, sen prexuízo do disposto nas letras b) e c) do citado artigo 15 da Lei 13/1988.

7. Os titulares de postos de traballo que se supriman nas relacións de postos continuarán percibindo, ata que sexan nomeados para desempeñar outros postos de traballo e durante un prazo máximo de tres meses contados a partir da data en que produciu efectos económicos a citada supresión, co carácter de a conta do que lle corresponda polo novo posto de traballo, as retribucións complementarias correspondentes ó posto suprimido, sen que proceda ningún reintegro, no caso de que as cantidades percibidas a conta foran superiores.

8. As referencias contidas na normativa vixente relativas a haberes líquidos para os efectos do cálculo dos anticipos reintegrables a funcionarios, entenderanse sempre feitas ás retribucións básicas e complementarias que estes perciban nos seus importes líquidos.

9. No caso de adscrición, durante 1999, dun funcionario suxeito a un réxime retributivo distinto do correspondente ó posto de traballo ó que se adscriba, este percibirá as retribucións que correspondan ó posto de traballo que desempeñe, logo da oportuna asimilación que deberá autoriza-la Consellería de Presidencia e Administración Pública por proposta da consellería interesada.

Só para os efectos da asimilación a que se refire o parágrafo anterior, a Consellería da Presidencia e Administración Pública poderá autorizar que a contía da retribución por antigüidade sexa a que proceda de acordo co réxime retributivo de orixe do funcionario.

10. A provisión de postos de traballo que desempeñará o persoal funcionario ou a formalización de

novos contratos de persoal laboral fixo, así como a modificación da categoría profesional destes últimos, requirirá que os ditos postos figuren detallados nas respectivas relacións de postos de traballo, e que o seu custo en cómputo anual estea dotado orzamentariamente ou, no seu defecto, o autorice a Consellería de Economía e Facenda.

En calquera caso, a provisión de postos de traballo de persoal funcionario requirirá a plena observancia do disposto na normativa vixente sobre incompatibilidades.

11. A alta en nómina do persoal laboral temporal e interino deberá, en todo caso, ir acompañada da autorización establecida no punto catro do artigo 23, da Lei 6/1998, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1999.

12. As referencias relativas ás retribucións contidas na presente orde entenderanse sempre feitas a retribucións íntegras, agás no previsto no número catro punto 8 dela.

13. As retribucións dos delegados provinciais e territoriais das Consellerías serán idénticas ás dos subdirectores xerais da Xunta e imputaranse ó concepto 100.00 dentro do programa correspondente. Terán dereito a percibi-los trienios que puidesen ter recoñecidos como funcionarios e persoal ó servicio das administracións públicas.

14. As retribucións do persoal eventual experimentarán un incremento do 1,8% respecto das que viñan percibindo en decembro de 1998.

15. Así mesmo, e con efectos económicos do 1 de xaneiro de 1999, as retribucións do persoal que desempeñe algún posto de traballo no Servicio Galego de Saúde, Sergas, dos dotados no seu orzamento de gastos do presente ano, conforme o anexo de persoal correspondente, experimentarán un incremento do 1,8% respecto ás fixadas para o exercicio de 1998.

En consecuencia, as retribucións do persoal estatutario e persoal MIR, serán as que se detallan no anexo VII da presente orde.

16. O persoal estatutario sanitario non facultativo e non sanitario ó que lle resulte de aplicación o acordo sobre aspectos retributivos e outras condicións de traballo, publicado pola resolución conxunta do 26 de xaneiro de 1996 da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, percibirá o complemento de penosidade, responsabilidade e dificultade, modalidade de quendas, conforme o réxime previsto na devandita disposición e demais de desenvolvemento, nas contías que figuran no anexo VIII.

Así mesmo, o complemento de penosidade, responsabilidade e dificultade ordinario correspondente ás categorías sinaladas no punto segundo 3) da devandita disposición, percibirase en función do réxime de quendas concorrente e nos importes sinalados no anexo IX.

17. O persoal estatutario das unidades e servicios de atención primaria ás que fai referencia o artigo 1 do Decreto 200/1993, do 29 de xullo, de ordenación de atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, percibirá ademais das retribucións recollidas no anexo VII, como complemento de productividade fixa, os importes correspondentes conforme os factores e criterios recollidos no apartado a) do artigo 7 do Decreto 226/1996, do 25 de abril, polo que se regula o réxime retributivo do persoal das unidades e servicios de atención primaria e que figuran no anexo X.

18. Con respecto ás retribucións do persoal estatutario que percibe o seu salario polo sistema de cota, estas experimentarán un incremento do 1,8% con respecto ás percibidas no ano 1998. Os premios de antigüidade correspondente ó persoal de cota e zona rexeranse pola súa normativa específica. Os ditos premios de antigüidade faranse efectivos a partir do 1 de xaneiro do ano seguinte á data na que se complete o período de tres anos, necesarios para o seu perfeccionamento.

19. As retribucións correspondentes ó complemento de atención continuada serán as recollidas no anexo XI.

20. As contías das indemnizacións por razón do servicio serán as reguladas no Decreto 299/1990, do 24 de maio, modificado polo Decreto 21/1994, do 4 de febreiro, coas súas correspondentes revisións se houbera lugar.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 1999.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO I

FUNCIONARIOS QUE DESEMPEÑAN POSTOS DE TRABALLO PARA OS QUE O CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA APROBOU A APLICACIÓN DO RÉXIME RETRIBUTIVO PREVISTO NA LEI 4/1988, DO 26 DE MAIO

Retribucións básicas

Contía mensual

GrupoSoldoTrienio

A158.0256.069

B134.1204.855

C99.9773.644

D81.7492.434

E74.6301.825

As pagas extraordinarias devengaranse en igual contía, cada unha delas, a unha mensualidade de soldo e trienios, agás nos casos previstos no punto segundo punto 4 da presente orde.

ANEXO II

FUNCIONARIOS QUE DESEMPEÑAN POSTOS DE TRABALLO PARA OS QUE O CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA APROBOU A APLICACIÓN DO RÉXIME RETRIBUTIVO PREVISTO NA LEI 4/1988, DO 26 DE MAIO

Complemento de destino

Nivel de complemento

de destino

Contía mensual

30138.761

29124.467

28119.232

27113.996

26100.009

2588.730

2483.495

2378.262

2273.025

2167.799

2062.980

1959.761

1856.545

1753.327

1650.115

1546.897

1443.682

1340.464

1237.246

1134.033

1030.816

No ámbito da docencia universitaria, a contía do complemento de destino fixada no presente anexo será modificada nos casos en que así proceda de acordo coa normativa vixente, sen que iso implique variación do nivel de complemento de destino asignado ó posto de traballo.

ANEXO III

Nivel de complemento

de destino

Complemento específico

(mensual)

30193.078

28 (A)141.970

28 (B)119.255

26113.577

2599.379

2488.021

2268.145

2051.110

1845.430

1642.593

Nivel de complemento

de destino

Complemento específico

(mensual)

1439.751

1236.912

1034.073

Os complementos específicos que o 31 de decembro de 1998 non tivesen a súa contía relacionada no presente anexo experimentarán un incremento do 1,8% a partir do 1 de xaneiro de 1999.

ANEXO IV

PROFESORADO DOS CENTROS DE ENSINANZA BÁSICA, BACHARELATO, FORMACIÓN PROFESIONAL, ENSINANZAS ARTÍSTICAS E IDIOMAS

1º Grupos de clasificación, niveis de complemento de destino e importes mensuais do compoñente xeral do complemento específico:

Grupo

Nivel de

complemento

de destino

Compoñente

xeral do

complemento

específico

ptas./mes

Catedráticos de música e artes escénicas e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño, coa condición de catedráticos.A2654.164

Profesores de ensino secundario, de escolas oficiais de idiomas, de artes plásticas e deseño e de música e artes escénicas.A2647.077

Profesores técnicos de formación profesional e mestres de taller de artes plásticas e deseño.B2447.077

Mestres.B2147.077

2º Compoñente singular do complemento específico pola titularidade de órganos unipersoais de goberno e polo desempeño de postos de traballo docentes singulares. Os importes mensuais do dito compoñente son os seguintes:

Un.-Desempeño de órganos de goberno unipersoais.

Cargos académicos

Tipo de

centro

Centros de

educación

secundaria,

C.P.I., artísticas

e similares

ptas./mes

Centros de

educación

infantil, primaria,

especial e

asimilados

ptas./mes

DirectorA89.99673.751

B77.51466.761

C70.16848.310

D63.52035.718

E-21.786

VicedirectorA39.587-

B38.815-

C27.979-

D24.110-

Xefe de estudiosA39.58725.656

B38.81524.110

C27.97923.336

D24.11017.144

E24.110-

Cargos académicos

Tipo de

centro

Centros de

educación

secundaria,

C.P.I., artísticas

e similares

ptas./mes

Centros de

educación

infantil, primaria,

especial e

asimilados

ptas./mes

SecretarioA39.58725.656

B38.81524.110

C27.97923.336

D24.11017.144

E24.110-

Dous.-Desempeño de postos de traballo docentes singulares.

PostoPtas./mes

Centros de educación secundaria:

-Xefatura de departamento9.403

-Coordinación de formación en centros de traballo9.403

Escolas de Artes Aplicadas:

-Coordinación de especialidade9.403

Escolas de Artes Aplicadas e conservatorios de música:

-Xefatura de seminario9.403

Centros residenciais docentes:

-Xefatura de residencias centros tipo A39.587

-Xefatura de residencias centros tipo B38.815

-Xefatura de residencias centros tipo C27.979

-Director de residencias9.403

Responsable de menos de 3 unidades en centros de Edc. infantil e primaria9.403

Membros dos equipos de orientación específicos25.656

Programa reforma educación primaria e secundaria:

-Coordinación técnica77.514

-Equipos reforma39.587

C.E.F.O.C.O.P.S.:

-Dirección77.514

-Asesor39.587

Colexios rurais agrupados:

-Director centros tipo D35.718

-Director centros tipo E21.786

-Xefatura de estudios e secretaría17.144

-Profesor9.403

Profesores de educación permanente de adultos9.403

3º O importe mensual do compoñente do complemento específico por formación permanente dos funcionarios de carreira docentes é o seguinte:

1º período 8.394 ptas./mes

2º período10.792 ptas./mes

3º período14.390 ptas./mes

4º período20.386 ptas./mes

5º período 5.995 ptas./mes

4º Profesorado e conceptos retributivos non incluídos nos puntos precedentes:

As retribucións do profesorado e dos conceptos retributivos non incluídos nos puntos precedentes deste

anexo pero que estean recoñecidos expresamente pola normativa vixente aplicable o 31 de decembro de 1998 experimentarán así mesmo, a partir do 1 de xaneiro de 1999, un incremento do 1,8% sobre as contías fixadas para 1998.

ANEXO V

COTAS MENSUAIS DE COTIZACIÓN Á MUTUALIDADE XERAL

DE FUNCIONARIOS CIVÍS DO ESTADO CORRESPONDENTES

Ó TIPO DO 1,69 POR 100

GrupoCota mensual

A5.606

B4.412

C3.388

D2.681

E2.286

Nos meses de xuño e decembro tódolos funcionarios aboarán cota dobre, agás nos casos previstos no número terceiro punto 3 da presente orde.

COTAS MENSUAIS DE COTIZACIÓN Á MUTUALIDADE XERAL

XUDICIAL CORRESPONDENTES Ó TIPO DO 1,69 POR 100

MultiplicadorCota mensual

4,755.606

4,505.606

4,005.606

3,505.606

3,255.606

3,005.606

2,505.606

2,254.412

2,003.863

1,502.681

1,252.286

Nos meses de xuño e decembro tódolos funcionarios aboarán cota dobre, agás nos casos previstos no número terceiro punto 3 da presente orde.

COTAS MENSUAIS DE DEREITOS PASIVOS DOS FUNCIONARIOS CIVÍS DO ESTADO CORRESPONDENTES Ó 3,86 POR 100 DO HABER REGULADOR

GrupoCota mensual

A12.804

B10.077

C 7.739

D 6.123

E 5.220

Nos meses de xuño e decembro tódolos funcionarios aboarán cota dobre, agás nos casos previstos no número terceiro punto 3 da presente orde.

COTAS MENSUAIS DE DEREITOS PASIVOS CORRESPONDENTES

Ó 3,86 POR 100 DO HABER REGULADOR DO PERSOAL Ó SERVICIO

DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

MultiplicadorCota mensual

4,7512.804

4,5012.804

4,0012.804

3,5012.804

3,2512.804

3,0012.804

2,5012.804

2,2510.077

2,00 8.824

1,50 6.123

1,25 5.220

Nos meses de xuño e decembro tódolos funcionarios aboarán cota dobre, agás nos casos previstos no número terceiro punto 3 da presente orde.

ANEXO VI

TÁBOA SALARIAL POR GRUPOS

Grupo

Retribucións

básicas

brutas anuais

(14 meses)

I. Titulados superiores3.581.382

II. Titulados de grao medio2.990.120

III. Especialistas e encargados2.400.846

IV. Oficiais de 2ª administrativos e oficiais de 2ª2.034.340

V. Persoal subalterno, de vixilancia e de servicios específicos non titulados1.770.090

As categorías 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31, 32, 33, 34, 35, 36, 37, 38, 39, 40, 41, 42, 43, 44, 45, 46, 47, 48, 49, 50, 51, 52, 53 e 54 do grupo III percibirán anualmente, en concepto de soldo base, ademais das fixadas para o dito grupo, a cantidade de...111.286

As categorías 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 10a, 10b, 10c, 10d e 10e do grupo V percibirán anualmente, en concepto de soldo base, ademais das fixadas para o dito grupo, a cantidade de...53.382

COMPLEMENTOS SALARIAIS

Trienio4.087 ptas./mes

Plus de perigosidade11.252 ptas./mes

Plus de toxicidade11.252 ptas./mes

Plus de penosidade11.252 ptas./mes

Plus de dispoñibilidade horaria56.261 ptas./mes

ANEXO VII

RETRIBUCIÓNS BÁSICAS

Contía mensual

GrupoSoldoTrienio

A158.0256.069

B134.1204.855

C99.9773.644

D81.7492.434

E74.6301.825

Complemento de destino

NivelContía mensual

30118.938

29106.686

28102.198

2797.710

2685.722

2576.054

2471.567

2367.081

2262.592

2158.113

2053.982

1951.223

1848.467

1745.708

1642.955

1540.197

1437.441

1334.683

1231.925

1129.171

1026.413

As pagas extraordinarias devengaranse en contía igual cada unha delas a unha mensualidade de soldo e trienios.

A contía anual do complemento de destino percibirase distribuída en 14 pagas.

ANEXO VIII

QUENDAS

Quenda

fixa

Quenda Rot.

simple

Quenda Rot.

complexa

Grupo A8.069

Grupo B5.3799.14512.909

Grupo C4.3037.26110.220

Grupo D3.2275.918 8.606

Grupo E2.6904.842 6.993

ANEXO IX

CódigoDenominaciónQuendaP.R.D.

S-B-25A.T.S. Consulta Ext. hospitalFixa5.282

S-B-25A.T.S. Consulta Ext. hospitalR. simple9.048

S-B-24A.T.S. Consulta II.AA.Fixa5.282

S-B-24A.T.S. Consulta II.AA.R. simple9.048

ANEXO X

ModalidadeFactoresMédico xeralPediatraOdontólogoA.T.S.FisioterapeutaAsistente social

AOrdinaria42,51 ptas./mes/Aseg.

De 0 a 500 Aseg.10.394 ptas./mes

De 501 a 1.500 Aseg.31.181 ptas./mes

De 1.501 a 2.500 Aseg.41.575 ptas./mes

Máis de 2.500 Aseg.50.951 ptas./mes

Menos de 20.000 Hab.10.394 ptas./mes10.394 ptas./mes

De 20.000 a 25.000 Hab.20.788 ptas./mes20.788 ptas./mes

De 25.000 a 30.000 Hab.25.984 ptas./mes25.984 ptas./mes

Máis de 30.000 Hab.31.181 ptas./mes31.181 ptas./mes

BOrdinaria42,61 ptas./mes/Aseg.

De 0 a 500 Aseg.20.788 ptas./mes

De 501 a 1.000 Aseg.25.984 ptas./mes

Máis de 1.000 Aseg.31.181 ptas./mes

C15,59 ptas./mes/Aseg.

D(Dif. con 1.050x42,61 ptas./mes/Aseg.)

EI40% da Mod. A21.780 ptas./mes40% da Mod. A

II50% da Mod. A40.671 ptas./mes50% da Mod. A

III60% da Mod. A51.256 ptas./mes60% da Mod. A

1 municipio5.197 ptas./mes9.354 ptas./mes

De 2 a 3 municipios10.394 ptas./mes14.551 ptas./mes

Máis de 3 municipios20.788 ptas./mes24.945 ptas./mes

F20.788 ptas./mes20.788 ptas./mes10.394 ptas./mes

G31.181 ptas./mes15.591 ptas./mes

HXefe unidade10.394 ptas./mes10.394 ptas./mes
Xefe servicio31.181 ptas./mes31.181 ptas./mes31.181 ptas./mes

Coord. de área25.984 ptas./mes25.984 ptas./mes25.984 ptas./mes10.394 ptas./mes10.394 ptas./mes10.394 ptas./mes

Coord. de servicio15.591 ptas./mes15.591 ptas./mes

I31.181 ptas./mes12.312 ptas./mes

ANEXO XI

GARDAS MÉDICAS SERVICIOS XERARQUIZADOS

Modalidade Prest.

de servicio

Módulo horario

Valor módulo

Presencia física17 horas31.727
Presencia física24 horas44.792
Localizada17 horas15.863
Localizada24 horas22.394

ATENCIÓN CONTINUADA RESIDENTES EN FORMACIÓN

Facultativos Internos Residentes (MIR)

Modalidade Prest.

de servicio

Módulo horario

Importe ptas.

Presencia física:
Primeiro ano17 horas17.822
24 horas25.161
Segundo ano17 horas18.907
24 horas26.692
Terceiro ano e sucesivos17 horas20.004
24 horas28.287

MATRONAS EN FORMACIÓN

ResidentesImporte/hora

Enfermeira/o en formación 1º ano891
Enfermeira/o en formación 2º ano947

ATENCIÓN CONTINUADA PERSOAL NON FACULTATIVO

Modalidade Prest.

de servicio

Grupo

Importe ptas.

A: Serv. Noct. 1ª e 2ª semanaB15.012
A: Serv. Noct. 1ª e 2ª semanaC12.212
A: Serv. Noct. 1ª e 2ª semanaD e E10.683
A: Serv. Noct. 3ª e 4ª semanaTodos 8.845
B: Serv. domingos e festivosB 3.541
B: Serv. domingos e festivosC 3.243
B: Serv. domingos e festivosD e E 2.950

A.T.S./D.U.E. EQUIPOS TRANSPL. PERFUSIÓN, HEMODIN. E HIST.

Modalidade Prest.

de servicio

Módulo horario

Valor módulo

ptas./mes

Presencia física67 horas/mes52.351
Localizada134 horas/mes52.351

PUNTOS DE AT. CONTINUADA (DECRETO 172/1995)

Modalidade Prest. de servicio

Valor módulo

ptas./hora

Presencia física persoal facultativo1.545
Localizada persoal facultativo 783
Presencia física A.T.S./D.U.E.1.082
Localizada A.T.S./D.U.E. 549

MÓDULOS ATENCIÓN CONTINUADA FACULTATIVOS EXENTOS

DE GARDAS DE ATENCIÓN ESPECIALIZADA

Modalidade Prest.

de servicio

Módulo horario

Valor módulo

importe ptas.

Presencia física4 horas22.396