Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 1999 Páx. 712

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN conxunta do 18 de decembro de 1998, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, do Instituto Galego de Consumo, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, da Dirección Xeral de Saúde Pública, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller e da Dirección Xeral da Xuventude, pola que se resolve a concesión dos premios á innovación educativa sobre os temas transversais convocados pola Resolución conxunta do 16 de xuño de 1998.

A Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, en colaboración co Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, o Instituto Galego de Consumo, a Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, a Dirección Xeral de Saúde Pública, a Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, o Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller e a Dirección Xeral da Xuventude, convocaron por Resolución conxunta do 16 de xuño de 1998 premios á innovación educativa sobre os temas transversais

De conformidade co disposto no artigo 4 da devandita resolución conxunta, o día 30 de novembro de 1998 constituíuse a comisión encargada de avalia-los traballos presentados, composta polos seguintes membros:

Presidente: José Luis Mira Lema, director xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional.

Vocais: Xulio Gutiérrez Roger, en representación do Departamento de Educación e Información Ambiental; Esther Álvarez Fernández, en representación do Instituto Galego de Consumo; Jesús Morán Iglesias, en representación do Plan de Galicia sobre Drogas; José Antonio Taboada Rodríguez, en representación da Subdirección Xeral de Programas de Saúde Pública; Mª José Castro Carballal, subdirec

tora xeral de Relacións coa Administración de Xustiza; Carmen Girón Daviña, secretaria xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller; Manuel Brea Costoya, en representación da Subdirección Xeral de Promoción e Actividades; Isabel Serna Masiá, xefa do Servicio de Ordenación e Innovación Educativa.

Secretaria: Amparo Jiménez Díaz, membro do Servicio de Ordenación e Innovación Educativa.

A secretaria levantou acta da proposta de concesión de premios emitida pola comisión avaliadora na mesma data, para a súa aprobación e publicación no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia co anteriormente exposto, a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, o Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, o Instituto Galego de Consumo, a Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, a Dirección Xeral de Saúde Pública, a Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, o Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller e a Dirección Xeral da Xuventude

DISPOÑEMOS:

Primeiro.-Concede-los premios á innovación educativa sobre os temas transversais convocados por Resolución conxunta do 16 de xuño de 1998, ós traballos que se relacionan no anexo á presente resolución.

Segundo.-A presente resolución entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 1998.

Juan Casares Long

Director xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental

José Luis Mira Lema

Director xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional

Jorge Rodríguez Vázquez-Molezún

Presidente do Instituto Galego de Consumo

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais

Pilar Farjas Abadía

Directora xeral de Saúde Pública

José Antonio Álvarez Vidal

Director xeral de Xustiza e Administración Local

Aurora Montes Santa-Olalla

Directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

Mª José Bravo Bosch

Directora xeral de Xuventude

ANEXO

Premios á innovación educativa sobre os temas transversais

Educación ambiental:

O Lixo no Noso Entorno de Francisco Arturo Pita Fernández e outros profesores do Colexio de Educación Primaria de Tarrío-Culleredo.

A transversalidade na educación:

Transversalidade Cómica de Manuel Rajal Fernández do Colexio de Educación Infantil e Primaria Canosa Rus de Carballo.

Educación para o consumo:

Comer y Aprender de Mª Jesús Buitrago Rubira do Instituto de Educación Secundaria Ribeira do Louro do Porriño.

Imos Comer Froitas e Verduras de Mónica Vence Faílde e outras dúas mestras da Escola de Educación Infantil de Casal do Porriño.

Prevención do consumo indebido de drogas:

Programa Prevención do Consumo Indebido de Drogas de Xaime González Ortega e outros profesores do Instituto de Educación Secundaria Camilo José Cela de Padrón.

Educación para a saúde:

Aplicación e Avaliación do Programa Aprende a Vivir (Sida) de Mª José Rodríguez-Moldes Vázquez e outros profesores do Instituto de Educación Secundaria Macías o Namorado de Padrón.

Educación para a paz:

Convivencia e Cooperación a Través do Xogo de José Manuel Domínguez Martínez e outros profesores do Colexio de Educación Infantil e Primaria Conmeniño do Grove.

I Xornadas de Bailes Populares do Mundo pola Tolerancia de Javier Luis Jurado Luque da ESP Escolas Proval de Nigrán.

Educación para a igualdade:

Aceptarse para Aceptar de Mª Soledad Valle García e outros profesores do Instituto de Educación Secundaria Pedra da auga de Ponteareas.

Unha Mirada Distinta da Imaxe nos Ciclos Formativos de Mercedes Pose Recarey e Lourdes Mourelle Mosqueira do Instituto de Educación Secundaria Teis de Vigo.

Educación para o lecer:

A Bruxa da Biblioteca de Rosa Mª Fernández Sánchez do Colexio de Educación Primaria Pedro Caselles Beltrán de Tomiño.