Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.
Domicilio social: Marqués de Valladares, 23-2º, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. Circunvalación Salceda.
Situación: Salceda de Caselas.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 1.024 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios metálicos, desde o apoio 6 da L.M.T. Circunvalación Salceda I, rematando no C.T. existente en Salceda-Gándara, Concello de Salceda de Caselas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 24 de novembro de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
11269