Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.
Domicilio social: Marqués de Valladares, 23-2º, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. de C.P.M. Oleiros-Fiolledo-Cocho.
Situación: Salvaterra de Miño.
Descricións técnicas: L.M.T. aéreo-subterránea, a 20 kV, de 200 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V., e 717 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-110, sobre apoios metálicos e de formigón, desde o centro de protección e medida de Oleiros, lugar de Cocho ata a L.M.T. Fiolledo, no lugar da Chan de Goia, Concello de Salvaterra de Miño.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 24 de novembro de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
11262