Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.
Domicilio social: Marqués de Valladares, 23-2º, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Moreira-A Peroxa.
Situación: Ponteareas.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde a L.M.T. Xeral Salvaterra-Ponteareas, rematando no C.T. que se proxecta en Moreira-A Peroxa, Concello de Ponteareas. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. aérea, de 580 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 24 de novembro de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
11259