Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 1999 Páx. 670

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta do convenio colectivo do sector da construcción.

Visto o texto da acta da comisión deliberadora do convenio colectivo para o sector da construcción da provincia de Pontevedra, que tivo entrada nesta delegación provincial con data do 4-12-1998, na que se fixa a xornada laboral (prevista no artigo 43 do actual convenio colectivo) para o ano 1999, esta autoridade laboral ó abeiro do disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 15 de decembro de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Comisión deliberadora do convenio da construcción.

Asistentes.

UGT.

José C. Rodríguez del Río.

Guillermo Simón López.

Lourdes Diz Lorenzo

CC.OO.

Francisco Estévez Rodríguez

CIG.

Xosé Xoán Melón González.

Alberto Fernández Campo.

APEC.

Ricardo Mirón Gutiérrez.

Anselmo Hernández Luján.

Asesora:

Yolanda Carballo Muñoz.

En Vigo, o dous de decembro de 1998, na sede da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción (APEC), previamente convocados, reúnense as persoas que figuran á marxe, nas representacións que se indican co obxecto de fixa-la xornada laboral para o ano 1999.

Como único punto trátase o tema da xornada laboral, recollido no artigo 43 do actual convenio colectivo que para o ano 1999 será de 1.760 horas efectivas de traballo.

O texto do artigo 43 do convenio relativo á xornada dirá textualmente:

1. A xornada ordinaria anual durante o período de vixencia do presente convenio será de 1.760 horas segundo o calendario laboral anexo.

2. A xornada ordinaria semanal será de 40 horas de luns a venres durante toda a vixencia do presente convenio.

3. Os traballadores teñen dereito a un paro de 15 minutos durante a mañá para toma-lo bocadillo segundo as necesidades do servicio.

4. Tendo en conta as condicións do clima e as necesidades das distintas actividades do sector, poderíase pactar nas empresas, a distribución variable da xornada máxima anual, sen que en ningún caso se poidan supera-las nove horas diarias nin as corenta horas semanais de traballo efectivo.

5. Para adapta-la xornada ás 1.760 horas acordadas para o ano 1999 os días 18 de marzo, 26 de xullo, 13 de agosto, 11 de outubro, 29 de outubro, 7, 24 e 31 de decembro, terán a consideración de festivos e non laborables para tódolos efectos.

Estes días non serán computables para os efectos de desfrute das vacacións.

6. Ademais dos días sinalados anteriormnete, nos seguintes concellos por coincidi-lo festivo local con día non-laborable, fíxanse os seguintes festivos:

Portas, 22 de marzo.

Vilagarcía de Arousa, 21 de maio.

7. En cada centro de traballo a empresa exporá en lugar visible o calendario laboral pactado no convenio ou o pactado no propio centro de traballo.

E non tendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión.

Rubricado