Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 1999 Páx. 652

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO.

Por resolución da alcaldía do 10-11-1998 acordouse aprobar inicialmente a delimitación do ámbito dunha unidade de execución (polígono) e fixar como sistema de actuación o de compensación nos terreos sitos no lugar da Valexa-Veigue, tramitada por José García Fernández.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo de vinte días contados a partir da derradeira publicación (DOG ou prensa) durante o cal o expediente poderá ser examinando na Secretaría do Concello tódolos días laborables, en horas de 9 a 13, e presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Sada, 11 de decembro de 1998.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde