Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 1999 Páx. 652

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do plan parcial do polígono A-1.1 O Bao, do plan xeral de ordenación urbana.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o pasado día nove de novembro de mil novecentos noventa e oito, acordou prestar aprobación inicial á modificación puntual do Plan parcial do polígono A-1.1 O Bao, do plan xeral de ordenación urbana, promovida, mediante iniciativa particular por Granja del Bao, Sociedad Anónima e redactada polos arquitectos José A. e Ignacio Hermo Túñez, coa finalidade de modifica-los remamentos esixibles da ordenanza de edificación industrial-comercial (I-C), fondos de parcela e laterais, reducindo eses remamentos e permitindo unha maior ocupación en planta, sen modifica-la distancia á fronte nin ningún outro dos parámetros autorizados, dispoñéndose o seu sometemento a información pública.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examina-lo expediente incoado na Unidade de Fomento do Concello (rúa Dona Teresa) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 19 de novembro de 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral