Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 1999 Páx. 651

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-180-181).

O Concello Pleno, na sesión celebrada o día 1 de outubro de 1998, acordou aprobar definitivamente os plans especiais de protección dos castros de Xaz e Subiña, en Oleiros.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses.

Tamén se poderá interpo-lo recurso extraordinario de revisión, cando concorra algunha das circunstancias previstas no Art. 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Oleiros, 10 de novembro de 1998.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta