Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 1999 Páx. 651

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno en sesión celebrada o trinta de decembro de mil novecentos noventa e oito acordou aprobar inicialmente a modificación do Plan Xeral Municipal de Ordenación no antigo cuarteirón de intendencia e dispoñe-la apertura do trámite de información pública.

A citada modificación exponse ó público por prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedando o expediente á disposición de todo aquel que queira examinalo.

O expediente poderase examinar na Xerencia de Urbanismo do concello en horario de oficina.

Ferrol, 11 de xaneiro de 1999.

O alcalde

Rubricado