Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 1999 Páx. 651

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, en sesión celebrada o día 12 de xaneiro de 1999, adoptou o seguinte acordo:

-Aprobar con carácter inicial o proxecto de revisión e adaptación do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Culleredo e sometelo a información pública polo prazo dun mes, o que se anunciará na forma prevista na lexislación vixente.

-De conformidade cos artigos 34.2º da Lei do solo de Galicia e 120 do Regulamento de planeamento urbanístico suspéndese o procedemento de outorgamento de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición en todo o termo municipal. Non obstante, poderán concederse licencias baseadas no réxime vixente sempre que se respecten as determinacións do novo planeamento.

O prazo de información pública contarase a partir da última das publicacións preceptivas deste anuncio (Diario Oficial de Galicia ou xornal) e durante o cal poderá axaminarse o documento nos locais municipais situados en Vilaboa-Rutis, r/ Domingo Sierra Marcuño, nº 1 baixo, en horario de 10 a 2 pola mañá e de 5 a 8 pola tarde.

Durante o prazo sinalado poderán presentarse as alegacións que se estimen pertinentes no rexistro xeral do concello ou na forma prevista no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Culleredo, 13 de xaneiro de 1999.

Ricardo Seoane Candamio

Alcalde