Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 1999 Páx. 652

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

ANUNCIO da licitación para venda por poxa pública de varias parcelas de titularidade do concello.

Cumprindo o establecido no artigo 326 da Lei 5/1997, da Administración local en Galicia, publícase a venda en pública poxa das parcelas de titularidade deste concello que a seguir se indican, acordadas polo Pleno do pasado 7 de novembro de 1998, na que consta o informe da Xunta de Galicia, de conformidade co diposto no artigo 109 do R.D. 1372/1986, do 13 de xuño e, 276 da Lei 5/1997 citada:

Primeira. Parcela denominada Cofáns, Chufáns ou Alto da Pita, ó prezo de 850 ptas/m, cunha superficie total de 10.700 m, unha vez descontados os camiños públicos existentes. Prezo tipo de licitación mellorable á alza: 9.095.000 ptas.

Segunda. Parcela de 136 m sita na rúa República Arxentina, ó prezo de 15.000 ptas/m. Prezo tipo de licitación mellorable á alza. 2.040.000 ptas.

Terceira. Parcela de 84 m sita na rúa República Arxentina, ó prezo de 15.000 ptas/m. Prezo tipo de licitación mellorable á alza: 1.260.000 ptas.

Cuarta. Parcela denominada Bartolo, no barrio de San Bieito da parroquia de Tomiño, ó prezo de 2.500 ptas/m, cunha superficie total de 656 m. Prezo tipo de licitación mellorable á alza: 1.640.000 ptas.

Cada parcela ten o seu propio expediente de licitación polo que, de pretender presentarse á licitación de dous ou máis delas, as ofertas en cada caso terán que presentarse con carácter individualizado achegándose para cada unha delas, a documentación completa requirida nos correspondentes pregos.

Todos e cada un dos expedientes co seu correspondente prego de bases estarán á dispocición dos interesados na Secretaría deste concello e poderanse presentar alegacións e reclamacións respecto deles no prazo de 8 días hábiles desde a publicación do edicto de licitación no BOP de Pontevedra.

O prazo de presentación das ofertas para cada licitación será o de 26 días naturais desde a publicación do correspondente edicto de licitación no BOP de Pontevedra.

O custo deste anuncio repartirase entre os que resulten adxudicatarios e de forma proporcional, segundo o prezo que resulte na adxudicación das parcelas.

Tomiño, 14 de decembro de 1998.

José Luis Fernández Lorenzo

Alcalde