Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 1999 Páx. 649

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1998 pola que se fai pública a adxudicación da contratación, polo sistema de concurso aberto, das obras de reparación de pallozas en Piornedo, provincia de Lugo. (Expediente LU-98/REP01).

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que por resolución do director xeral do IGVS de 14 de decembro de 1998, adoptada en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do IGVS do 6 de abril de 1995, foille adxudicado o contrato á empresa Extraco, S.A., por un importe de oitenta e nove millóns cento sete mil (89.107.000) pesetas, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 1998.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José A. Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo