Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 1999 Páx. 649

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1998 pola que se fai pública a adxudicación da contratación, polo sistema de concurso aberto, de varios contratos administrativos de obra.

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que por resolucións do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo con data do 15 de decembro de 1998, adoptadas en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente

do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 6 de abril de 1995, foron adxudicados os seguintes contratos:

1. Título: acondicionamento térmico de 18 vivendas no grupo de VPP na Mezquita. Ourense. Expediente: OU-98/REP06.

Empresa: Extraco, S.A.

Importe: 19.629.000 ptas.

2. Título: construcción de 36 vivendas, garaxes e locais comerciais no polígono de Esteiro. Ferrol. Expediente: C-97/030.

Empresa: Corsan Empresa Constructora, S.A.

Importe: 318.118.747 ptas.

3. Título: construcción de 21 vivendas, garaxes e rochos en Pontedeume. Expediente: C-98/020.

Empresa: Construcciones Cardeñoso, S.L.

Importe: 182.829.347 ptas.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 1998.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José A. Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo