Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 1999 Páx. 648

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 1998 pola que se notifica a resolución do expediente sancionador de montes MV-49/97.C.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á expedientada que no anexo se menciona a resolución do dito expediente por infracción da Lei de montes do 8 de xuño de 1957.

1. A dita resolución é definitiva e esgota a vía administrativa, podendo interpoñer contra ela recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de acordo co disposto no artigo 74 da Lei orgánica 6/1985, do poder xudicial e no artigo 57 da Lei 38/1988, de demarcación e planta xudicial, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó desta publicación, conforme o disposto no artigo 58 da Lei de xurisdicción contencioso-administrativa do 27 de decembro de 1956, ou exercer calquera outro que considere pertinente.

2. O importe da sanción e da indemnización deberá ser ingresado no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte a aquel en que a resolución sexa firme na conta 2091.0388.90.3110001181 de «Recadación de multas e sancións» que o Servicio de Montes e Industrias Forestais ten aberta na Caixa

de Galicia. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento.

Para efectualo, deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nas delegacións da Consellería de Medio Ambiente e nas oficinas da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, sita en San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 1998.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

Expediente sancionador: MV-49/97.C.

Artigo infrinxido: 410 do Regulamento de montes.

Contía da sanción: noventa e tres mil (93.000) ptas.

Contía da indemnización: noventa e tres mil (93.000) ptas.

Denunciada: Airtel.

Último enderezo coñecido: rúa Xoana de Vega, 10, A Coruña.