Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 1999 Páx. 620

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Gallega de Consulting, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Gallega de Consulting, S.A. que tivo entrada nesta delegación provincial o día 16-11-1998, e posteriormente rectificado con data 27-11-1998, subscrito en representacióin da parte económica pola empresa e, da parte social polo delegado de persoal o día 2-11-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 30 de novembro de 1998.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo da empresa Gallega de Consulting, S.A. Ano 1998

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio será de obrigada observancia en tódolos centros de traballo de Gallega de Consulting, S.A. da provincia da Coruña.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Este convenio colectivo afecta a tódolos traballadores da empresa, coa única excepción do persoal de alta dirección (nivel 0) da táboa de categorías.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

A duración do presente convenio é dun ano, iniciando a súa vixencia para tódolos efectos o día 1 de xaneiro de 1998 ata o 31 de decembro de 1998 prorrogarase anualmente por tácita aceptación, nos seus propios termos mentres non se solicite a súa revisión e se formule a súa necesaria denuncia. Mentres non se alcance un nuevo acordo, todo o contido do presente convenio terá vixencia.

Artigo 4º.-Denuncia e revisión.

Calquera das partes asinantes do presente convenio colectivo poderá pedir, mediante denuncia

notificada por escrito á outra parte a súa revisión, con dous meses mínimo de antelación ó vencemento do convenio e/ou de calquera das súas prórrogas.

En caso de solicitarse a revisión do convenio, a parte que formule a súa denuncia deberá xuntar proposta sobre os puntos e contenido que comprenda a revisión solicitada.

Denunciando o convenio nos termos anteriormente establecidos, as partes obríganse a comeza-las conversas para negocia-la revisión no prazo no superior a un mes antes da data de vencemento do convenio ou da prórroga.

Artigo 5º.-Vinculación á totalidade.

Sendo as condicións pactadas un todo orgánico e indivisible, o presente convenio será nulo e non producirá efecto ningún no suposto de que a autoridade ou xurisdicción competente, no exercicio das facultades que lle sexan propias, obxectase ou invalidase algún dos seus pactos ou non aprobase a totalidade do seu contido.

Artigo 6º.-Comité paritario de vixilancia e interpretación.

Quédalle encomendada a vixilancia e interpretación dos pactos contidos no presente convenio, a un comité paritario que se constituirá no prazo máximo de vinte días contados desde a data da súa publicación no BOP da Coruña.

As partes asinantes acordarán o regulamento de funcionamento do citado comité, que estará integrado por un representante de cada unha das dúas partes signatarias do convenio.

Artigo 7º.-Período de proba e ingreso.

Poderá concertarse por escrito un período de proba, que en ningún caso excederá de seis meses para o persoal dos niveis 1 ó 4, de dous meses para os niveis 5 a 7 e 15 días para os demais traballadores. A empresa e o traballador están respectivamente obrigados a realiza-las experiencias que constitúen o obxecto da proba.

Durante o período de proba o traballador terá os dereitos e obrigas correspondentes á súa categoría profesional e ó posto de traballo que desempeñe, como se fose do cadro de persoal, excepto os derivados da resolución da relación laboral, que poderá producirse por instancia de calquera das partes durante o seu transcurso.

Transcorrido o período de proba sen que se producise o desistimento, o contrato producirá plenos efectos, computándose o tempo dos servicios prestados na antigüidade do traballador na empresa.

Artigo 8º.-Provisión de vacantes.

Cando se produza unha vacante ou sexa preciso cubrir novos postos de traballo, comunicaráselle a todo o persoal da empresa por medio dun aviso no taboleiro de anuncios. Este aviso deberá publicarse cunha antelación mínima de dez días á data fixada para o exame.

Artigo 9º.-Promoción.

Concederáselle preferencia ó persoal de niveis inferiores para que poidan ocupar praza de categoría superior, sempre que obteña igual puntuación á dos aspirantes a ingreso no exame que se convoque para tal fin.

Artigo 10º.-Regras para a provisión de vacantes e promocións.

A empresa terá en conta os seguintes principios básicos:

a) Tódolos traballadores terán dereito a concursar solicitando calquera vacante que se produza en calquera categoría de nivel superior.

b) A empresa, cando o xulgue necesario, poderá efectua-las probas pertinentes para comprobar se se dan nos aspirantes os requisitos esixidos para o posto que se pretende cubrir.

c) En caso de no reuni-los traballadores solicitantes os requisitos e coñecementos esixidos para a vacante, a xuízo da empresa, esta poderá proceder a cubrila con persoal alleo.

d) Tódolos ascensos consideraranse a proba, confirmándose a designación ós seis meses, salvo que neste período de proba se deduza a falta de idoneidade do ascendido; neste caso volverá á súa situación anterior e a empresa pode optar por cubrir esta vacante con algún dos candidatos que participaron no proceso de selección ou convocar novamente a praza.

Artigo 11º.-Organización de traballo.

A organización práctica do traballo con suxeición á lexislación vixente, é facultade exclusiva da dirección da empresa. Sen mingua da autoridade que corresponde á dirección da empresa ou ós seus representantes legais, os delegados de persoal terán as funcións de información, orientación e proposta no relacionado coa organización e racionalización do traballo, de conformidade coa lexislación específica e o presente convenio.

Artigo 12º.-Categorías profesionais.

As categorías e niveis profesionais quedan establecidos do seguinte modo, co obxecto de adapta-las nosas necesidades específicas.

Esta relación de niveis e categorías é simplemente enunciativa, sen que supoña obriga de ter provistos os enumerados:

-Nivel 0. Categoría: persoal de alta dirección (excluído do presente convenio de acordo co artigo 2º del).

-Nivel 1. Categoría: director de división.

-Nivel 2. Categoría: coordinador de división

-Nivel 3. Categoría: director adxunto.

-Nivel 4. Categoría: xefe superior

-Nivel 5. Categoría: xefe de área.

-Nivel 6. Categoría: director de delegación.

-Nivel 7. Categoría: especialista de área

-Nivel 8. Categoría: oficial de primeira.

-Nivel 9. Categoría: oficial de segunda.

-Nivel 10. Categoría: auxiliar.

-Nivel 11. Categoría: traballador en prácticas titulado superior.

-Nivel 12. Categoría: traballador en prácticas titulado medio.

-Nivel 13. Categoría: persoal subalterno maior de 18 anos.

-Nivel 14. Categoría: traballadores contrato aprendizaxe.

Non se recolle neste convenio colectivo ó persoal subalterno menor de 18 anos. No suposto de habelo, as súas condicións económicas estarán determinadas polo salario mínimo vixente. (Os niveis 1 ó 6 poderán usar tarxetas de visita da empresa, personalizadas).

Artigo 13º.-Definición de categorías.

As definicións de cada categoría son as seguintes:

-Persoal de alta dirección (nivel 0):

Comprende os cargos de: conselleiro delegado, xerente, etc. (todos eles están excluídos do presente convenio)

-Resto de niveis por orde de ascenso:

-Aprendiz (nivel 14):

É aquela persoa que, tendo ingresado na empresa, cun contrato de aprendizaxe terá por obxecto a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o desempeño adecuado da categoría profesional, este contrato formalizarase en atención á normativa vixente.

O salario desta categoría profesional será o do salario mínimo interprofesional vixente.

-Persoal subalterno (nivel 13):

Terá a consideración desta categoría o subalterno maior de dezaoito anos cunha misión que consiste en facer recados dentro ou fóra da oficina, recoller e entregar correspondencia, así como outros traballos secundarios ordenados polos seus xefes ou inmediatos superiores.

-Traballador en prácticas (nivel 12):

É o traballador titulado medio que mediante un contrato en prácticas realiza as funcións para a obtención da práctica profesional adecuada ó nivel de estudios cursados.

-Traballador en practicas (nivel 11):

É o traballador titulado superior que mediante un contrato en practicas realiza as funcións para a obtención da práctica profesional adecuada ó nivel de estudios cursados.

-Auxiliar (nivel 10):

É o empregado maior de 18 anos que ten ó seu cargo operacións elementais administrativas e, en xeral, as puramente mecánicas e mecanográficas.

-Oficial de segunda (nivel 9):

Realiza as mesmas funcións que se lle asignan ó auxiliar, con certo grao de experiencia, seguridade e rapidez.

-Oficial de primeira (nivel 8):

É ó cualificado que, con iniciativa e responsabilidade restrinxida e subordinado a un nivel superior, realiza traballos de carácter secundario que só esixen coñecementos xerais da técnica administrativa.

-Especialista de área (nivel 7):

É o empregado capacitado técnica e profesionalmente que despois dun período de aprendizaxe accede a realizar traballos específicos dentro dunha área o departamento da empresa.

-Director delegación (nivel 6):

É o empregado que ten ó seu cargo e baixo a súa responsabilidade cada unha das oficinas delegadas. As súas tarefas son comerciais e técnicas, dirixindo o persoal auxiliar da oficina e tendo facultade para asina-lo correo xerado nela.

Polo que respecta as súas funcións técnicas, dependerán de cada unha das divisións operativas segundo a natureza dos traballos.

-Xefe de área (nivel 5):

É aquela persoa que realiza cometidos de xefatura e coordinación de tarefas, nunha área de traballo ou departamento específico. Recibe ordes dos mandos da división á que pertence. Ten ó seu mando o seu persoal auxiliar.

-Xefe superior (nivel 4):

É o xefe de área que, debido á súa evolución na empresa e á súa madureza no posto, pode ser promocionado a este nivel económico superior.

-Director adxunto (nivel 3):

É o empregado que, ás ordes dun director de división ou coordinador, realiza tarefas propias dos citados postos como axuda e asistencia auxiliar a eles, suplíndoos en caso de ausencia.

-Coordinador (nivel 2):

É aquel alto empregado capaz de desempeñar tarefas correspondentes ó director de división e, en estreita colaboración con el, coordinará as funcións do persoal ás súas ordes. As súas funcións de mando, organización de traballo, responsabilidade e supervisión seranlle delegadas polo director de división, de quen dependerá.

-Director de división (nivel 1):

É a máis alta categoría laboral. O director de división é o responsable pleno e final das divisións ope

rativas da empresa. Ten mando sobre o persoal da división e área de traballo e está facultado para asina-la correspondencia que se xere na súa división baixo a correspondente antesinatura.

Artigo 14º.-Xornada laboral.

As horas de traballo efectivas en cómputo anual serán de 1.753,5, de acordo co calendario laboral de empresa (anexo II) no que se terá que recupera-las 44 horas que faltan para completa-las 1.753,5. Estas horas recuperaranse de acordo entre a empresa e o traballador segundo as necesidades productivas desta.

Hai tres tipos de xornada laboral:

A) Xornada normal de 8 horas efectivas.

B) Xornada intensiva de verán de 6,5 horas efectivas.

C) Xornada intensiva de Nadal de 5 horas efectivas.

Para todas elas utilizarase un horario flexible para a comodidade do traballador, de acordo coas seguintes pautas:

-Xornada A):

Mañás:

Flexible de 8.30 a 9.30.

Fixo de 9.30 a 14.

Flexible de 14 a 14.30.

Tardes:

Flexible de 15 a 16.

Fixo de 16 a 18.30.

Flexible de 18.30 a 19.

-Xornada B):

Flexible de 8.30 a 9.

Fixo de 9 a 15.

Flexible de 15 a 15.30.

-Xornada C):

Flexible de 8.30 a 9.30.

Fixo de 9.30 a 14.

Flexible de 14 a 14.30.

Por razóns familiares por petición do traballador e segundo apreciación da empresa, poderá instaurarse en determinados períodos unha xornada de traballo D, cunha peculiaridade que consiste en que o traballo o efectúa o traballador peticionario desde o seu domicilio, sen acudir ó centro de traballo.

Todo traballador desprazado a outra empresa por razón de servicio deberá aterse ó horario do centro de traballo de destino, se ben, en canto ó cómputo das horas traballadas, se considerarán extraordinarias as que excedan mensualmente do cadro horario

da empresa. Se, pola contra, estas resultasen inferiores, recuperaranse no seguinte mes ou, de ser posible, completaríanse diariamente nas oficinas da súa empresa.

Artigo 15º.-Vacacións.

Tódolos traballadores desfrutarán de 30 días naturais de vacacións, como mínimo, preferentemente no mes de agosto. Aqueles que por necesidades do servicio, tivesen que colle-las vacacións noutros períodos terán preferencia no seguinte ano, para desfrutalas en agosto; no suposto de que se fraccionen, computaranse a razón de 22 días laborables.

Ata cinco días dos trinta de vacacións poderán ser utilizados para compensación de pontes e festivos de empresa de acordo coas realidades de traballo previstas pola dirección da empresa á hora de confecciona-lo calendario anual.

O plan de vacacións quedará previsto, para efectos informativos, dentro do mes de marzo como parte integrante do citado calendario laboral, aínda que posteriormente será posible a súa modificación por necesidades ineludibles de producción.

Todo o persoal poderá planificar individualmente as súas festas e necesidades de ocio, para o cal ten dereito a desprazar fóra do mes de agosto ata dez días das súas vacacións anuais. Esta planificación anual ten que ser comunicada por escrito á dirección de Galcosa, antes do 31 de marzo de cada año.

Artigo 16º.-Permisos.

O persoal de Galcosa poderá solicitar permisos, facéndoo por escrito ante o mando de quen dependan, e posterior informe deste á dirección, todo iso en forma previa. Se se produce ausencia sen petición de permiso, será considerado como falta ó traballo. Neste caso o persoal debe avisar de tal evento polo medio mas rápido posible ó seu mando ou á dirección.

Os permisos que dan dereito a retribución son os seguintes:

A) Vinte días naturais en caso de matrimonio.

B) Catro días nos casos do falecemento do cónxuxe, pais ou fillo.

C) Dous días nos casos de nacemento de fillo, enfermidade grave ou falecemento de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade, salvo no caso da letra B) anterior.

D) Un día por traslado de domicilio habitual.

E) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo en máis do 20% das horas laborables nun período de tres meses, poderá a empresa pasa-lo traballador afectado á situación de excedencia forzosa. No suposto de que o traballador por cumprimento do deber ou desempeño do cargo perciba unha indemnización,

descontarase o seu importe do salario ó que tivese dereito na empresa.

F) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos pola lei.

Artigo 17º.-Faltas.

As faltas cometidas polos traballadores ó servicio da empresa clasificaranse atendendo á súa importancia, reincidencia e intención, en leves, graves e moi graves, de conformidade co que se dispón nos puntos seguintes:

A) Considéranse faltas leves:

1. Tres faltas de puntualidade durante un mes sen que exista causa xustificada.

2. A non comunicación coa antelación debida da súa falta ó traballo por causa xustificada, a non ser que probe a imposibilidade de facelo.

3. Falta de aseo persoal e limpeza persoal.

4. Falta de atención e dilixencia co público.

5. Discusións que repercutan na boa marcha dos servicios.

6. Faltar ó traballo un día ó mes sen causa xustificada.

7. A embriaguez ocasional.

B) Son faltas graves:

1. Faltar dous días ó traballo sen xustificación.

2. A simulación de enfermidade ou accidente.

3. As cometidas contra o respecto debido ós seus superiores ou compañeros de traballo.

4. A reincidencia nas faltas leves, salvo as de puntualidade, aínda que sexan de distinta natureza, dentro dun trimestre, cando mediasen sancións.

5. O abandono de traballo sen causa xustificada.

6. A neglixencia no traballo cando cause prexuízo grave.

C) Son faltas moi graves:

1. Faltar ó traballo máis de dous días ó mes sen causa xustificada.

2. A fraude, a deslealdade e abuso de confianza nas funcións encomendadas

3. O furto e o roubo, tanto ós demais traballadores como á empresa ou a calquera persoa dentro dos locais da empresa ou fóra dela, durante acto de servicio. Queda incluído neste punto ó falsear datos ante o xurado, se tales falsidades teñen como finalidade maliciosa conseguir algún beneficio.

4. A simulación comprobada de enfermidade, inutilidade, destrozar ou causar desperfectos en máquinas, aparellos, instalacións, edificios, utensilios e departamentos da empresa; ter recaído sobre o traballador sentencia dos tribunais de xustiza competentes por delictos de roubo, furto, estafa e malversación cometidos fóra da empresa, que poida

motivar desconfianza cara ó seu autor; a continua e habitual falta de aseo e limpeza persoal, que produza queixas xustificadas dos compañeiros; a embriaguez durante o traballo; os malos tratos de palabras ou obra ou falta grave de respecto e consideración ós xefes, compañeiros ou subordinados; abandona-lo traballo en postos de responsabilidade; a reincidencia en falta grave, aínda que sexa de distinta natureza, dentro do mesmo trimestre, siempre que fose obxecto de sanción.

Artigo 18º.-Sancións.

As sancións que a empresa poida aplicar, segundo a gravidade e circunstancias das faltas cometidas, serán as seguintes:

A) Faltas leves.

a) Amoestación por escrito.

B) Faltas graves:

a) Suspensión de emprego e soldo dun a dez días.

C) Faltas moi graves:

a) Suspensión de emprego e soldo de once días a dous meses.

b) Despedimento.

Para a aplicación das sancións que anteceden terase en conta o maior ou menor grao de responsabilidade del e repercusión do feito nos demais traballadores e na empresa.

Artigo 19º.-Tramitación e procedemento das faltas e sancións.

A facultade de impoñe-las sancións correspóndelle á dirección da empresa, que o porá en coñecemento dos enlaces sindicais.

Será necesaria a instrumentación de expediente na imposición de sancións ós traballadores que desempeñen cargos electivos sindicais, e naqueloutros casos en que a empresa considere a súa tramitación.

Artigo 20º.-Prescrición.

a) Faltas leves: 10 días.

b) Faltas graves: 20 días.

c) Faltas moi graves: 60 días.

Todas elas a partir da data en que a empresa tivo coñecemento da súa comisión e, en todo caso, ós seis meses de terse cometida.

Artigo 21º.-Lexislación complementaria.

En todo o non pactado expresamente neste convenio haberá que aterse ó que dispoña en cada materia o Estatuto dos traballadores e demais lexislación vixente.

Artigo 22º.-Demisión do traballador.

En caso de demisión do traballador, este terá que avisar por escrito a dirección cun mínimo de 60 días de antelación para os niveis do 1 ó 6 e de 30 para os niveis restantes. Se non se realiza este

aviso previo, perderá o interesado a retribución correspondente a eses días, como resarcimento dos danos e perdas que tal omisión do prazo lle ocasione á empresa. O establecido no parágrafo precedente enténdese sen prexuízo da indemnización prevista nos supostos que estipula o artigo 21 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 23º.-Folga.

No suposto de folga, o desconto polo exercicio legal dela calcularase de acordo coas horas deixadas de traballar, valoradas na proporción retribución anual/horas anuais.

Artigo 24º.-Salario convenio.

Establécense para cada nivel de categoría en cómputo anual na táboa anexo I.

Artigo 25º.-Plus de transporte.

Consiste nunha cantidade que se establece para efectos de compensación de gastos e tempos para situarse no lugar de traballo. Figura na táboa anexo I citada, quedando excluído da cotización á Seguridade Social o 20% do SMI vixente.

Artigo 26º.-Horas extraordinarias.

Só se realizarán no suposto de necesidade perentoria e serán ordenadas e posteriormente autorizadas polo mando autorizado para iso. Serán retribuídas en recibo de salarios aplicando os importes que, para cada categoría figuran na táboa salarial anexa I citado.

Por necesidades económicas da empresa, esta poderá computa-los tempos investidos en horas extras en tempos de descanso equivalente ó 175% das horas extras efectuadas.

Artigo 27º.-Axudas de custo e quilometraxe por desprazamentos.

Se o desprazamento se efectúa en vehículo da empresa ou de aluguer só se repercutirán nas notas de gastos de viaje aqueles que correspondan ó mantemento, peaxe e consumibles do vehículo, realmente pagados.

Se se utiliza vehículo propio do traballador, os quilómetros compensaranse a 24 pesetas sen que proceda outro concepto de cargo excepto a peaxe.

A axuda de custo completa establecese en 13.000 pesetas e a media axuda de custo en 3.600 pesetas.

Artigo 28º.-Comisións.

O persoal afectado por este convenio que participe nalgunha acción comercial poderá devengar unha comisión pola súa xestión na contía que previamente se concerte.

Tódalas comisións liquidaranse por trimestres naturais mediante liquidación nominativa.

Artigo 29º.-Formación profesional.

Para conseguir unha maior competitividade no mercado e especialización dos traballadores da empresa, así como o persoal de alta dirección (nivel 0 do convenio), créase unha bolsa económica con

sistente no 0,5 % da facturación contratada da empresa, a cal se dedicará para afronta-los gastos da dita formación.

Esta bolsa económica será xestionada e controlada pola empresa e os representantes dos traballadores.

Artigo 30º.-Compensación IT.

En caso de IT a empresa compensará en recibo de salarios o importe bruto dos devengos, mentres dura esta situación ata o 100% do que lle correspondese en caso de estar en activo.

A persoa que inicie unha situación de IT debe informar deste evento á empresa, tal e como queda indicado para os casos de permiso no Art. 17º. Todo iso independente das posteriores xustificacións oficiais de asistencia a consulta e parte de baixa.

Artigo 31º.-Nupcialidade.

O persoal que contraia matrimonio canónico ou civil percibirá unha gratificación extra equivalente ó 65% do salario mensual.

Artigo 32º.-Natalidade.

O nacemento de cada fillo premiarase cunha paga extra equivalente ó 65% do salario mensual.

Artigo 33º.-Plus de antigüidade.

Establécese un plus de antigüedade calculado en quinquenios sen limitación ningunha. Cada quinquenio liquidarase en recibo de salarios ó 4% do salario base de cada categoría. O seu devengo e cobramento iniciarase o día primero de cada ano en que se cumpra cada quinquenio.

Como complemento deste plus de antigüidade, tódolos traballadores fixos do cadro de persoal quedarán cubertos por un seguro de vida cos seguintes capitais de indemnización:

-Falecemento: 2.000.000 de ptas.

-Falecemento por accidente: 4.000.000 de ptas.

-Falecemento por accidente circulación: 6.000.000 de ptas.

-Invalidez absoluta e permanente: 2.000.000 de ptas.

Tal seguro iniciará a súa cobertura o día 1 de xaneiro do ano seguinte ó ingreso do traballador ou da súa contratación como traballador con contrato indefinido.

Artigo 34º.-Servicio busca de emprego.

Dada a nosa actividade neste campo, calquera traballador da empresa ten dereito ó seu uso para si ou calquera familiar presentado por el, sen cargo ningún.

Artigo 35º.-Distribución do salario.

Os importes anuais recollidos nas táboas salariais anexas comprenden 14 pagas iguais (12 mensualidades e unha extra en xullo e outra en decembro).

Non obstante, acórdase redistribuí-las dúas pagas extraordinarias, aplicándoas mensualmente en cada recibo de salarios, para aquel persoal que así o solicite, por escrito, para cada período anual.

ANEXO I

Táboa salarial ano 1998

Niv.G.T.CategoríaB. anualPlus Trans.Total anoHora Extr.

11Director división3.114.217289.1233.403.3402.011

21Coordinador división2.499.872289.1232.788.9951.623

31Director adxunto2.207.040289.1232.496.1631.436

41Xefe superior2.014.602289.1232.303.7251.354

51Xefe de área1.787.284289.1232.076.4071.310

64Dtor. delegación1.692.634289.1231.981.7571.310

75Espeta. de área1.339.343289.1231.628.466995

85Oficial de primeira1.267.092289.1231.556.215917

95Oficial de segunda1.177.679289.1231.466.802854

107Auxiliar1.092.030289.1231.381.153854

111Prácticas t/super1.010.184289.1231.299.307917

122Prácticas t/medio953.267289.1231.242.390854

137Persoal subalterno952.560289.1231.241.683854

14-Aprendiz952.560952.560

ANEXO II

Calendario de traballo

Ano 1998

DíasXaneiroFebreiroMarzoAbrilMaioXuñoXulloAgostoSetembroOutubroNovembroDecembro

1FNDD8FN86.5S6.58D8

2FE888S86.5D6.5888

3S888D86.5V6.5S88

4D88S88SV6.5D88

5FE88D88DVS88S

6FN8888S6.5VD88D

78SS88D6.5V6.58SFN

88DD8886.5S6.58DFN

9888FNS86.5D6.5888

10S88FND86.5V6.5S88

11D88S88SV6.5D88

12888D88DVSFN8S

1388888S6.5VD88D

148SS88D6.5V88S8

158DD8886.5FN88D8

168888S86.5D8888

17S888D86.5V8S88

18D88S88SV8D88

1988FND88DVS88S

2088FE88S6.5VD88D

218SS8FSD6.5V88S5

228DD8FE6.56.5S88D5

238888S6.56.5D8885

24SFS88D6.56.5V8S85

25D88S86.5FNV8D8FN

26888D86.5DVS88S

2788888S6.5VD88D

288SS88D6.5V88S5

298-D886.56.5S88D5

308-88S6.56.5D8885

31S-8-D-6.5V-S-5

Hora144152160160144165.5149.50162.5168168136

Total horas

1709.5

DíasXaneiroFebreiroMarzoAbrilMaioXuñoXulloAgostoSetembroOutubroNovembroDecembro

Días18192020182223022212120

Total días

224

Abreviaturas utilizadas:

FN= Festivo.

FE= Festivo empresa Santiago de Compostela.

FS= Festivo local (Santiago de Compostela).

S= Sábado.

D= Domingo.

Festivos nacionaisFestivos locais

1-1AninovoSantiago de Compostela
6-1Epifanía do Señor24-2Martes de Entroido
19-3San Xosé21-5Festiv. da Ascensión
9-4Xoves SantoA Coruña
10-4Venres Santos24-2Martes Entroido
1-5Festa do Traballo7-10Festa do Rosario
25-7Santiago ApóstolFerrol
15-8Asunción da Virxe7-1San Xiao
12-10Festa Nacional España13-3Festa de Chamorro
7-12Día da Constitución EspañolaFestivos empresa
8-12Inmaculada Concepción2-1Festivo empresa
25-12Natividade do Señor5-1Festivo empresa
20-3Festivo empresa
22-5Festivo empresa

Xornada intensiva: do 22 de xuño ó 11 de setembro (de 8.30 a 15 horas).

Vacacións: do 1 ó 30 de agosto.

Xornada de Nadal: do 21-12 ó 31-12 (de 9 a 14 horas).