Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 1999 Páx. 627

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 1999, dos tribunais número 1 e número 2 designados para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo superior de administración da Xunta de Galicia (grupo A), convocado pola Orde do 30 de decembro de 1997 (DOG número 10, do 16 de xaneiro de 1998), pola que se ordena a publicación do acordo adoptado na sesión celebrada o 13 de xaneiro de 1999, sobre o anuncio da data, a hora e o lugar de celebración do segundo exercicio da fase de oposición.

En sesión conxunta celebrada o día 13 de xaneiro de 1999 os tribunais nº 1 e nº 2 designados para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo superior de administración da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 30 de decembro de 1997, acordaron, de conformidade co disposto nas bases II.3.3 e II.3.4 da convocatoria, que o segundo exercicio da fase de oposición se celebre o día 3 de febreiro de 1999, ás 8.30 horas na Escola Galega de Admi

nistración Pública, s/n, en Santiago de Compostela, en chamamento único. As portas de acceso ó lugar para a realización do exame abriranse ás 8 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos do DNI e bolígrafo ou pluma estilográfica.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Presidente do tribunal número 1