Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 1999 Páx. 592

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 1999 pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración dun vehículo oficial para o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación da subministración dun vehículo oficial para o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Frei Rosendo Salvado 16, baixo, 15701 Santiago de Compostela, teléfono 981 54 11 01, fax: 981 59 04 67.

b) Número de expediente: CP nº 1/99.

2. Obxecto do contrato:

Arrendamento e mantemento dun vehículo oficial para o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

a) Lugar de entrega: a entrega efectuarase na sede do Igape en Santiago de Compostela, r/ Frei Rosendo Salvado, 16, ou lugar onde o instituto designe.

b) Prazo de entrega: no prazo máximo de sete días desde a notificación da adxudicación, logo de constitución da garantía definitiva.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicacion:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 5.760.000 ptas., IVE incluído, distribuío do seguinte xeito:

* Entrega do vehículo Citroën Xantia C-8636-BL, actualmente titularidade do Igape, valorado nun mínimo de 2.112.127 ptas.

* 3.647.873 ptas., IVE incluído.

5. Garantías:

Provisional: 2% do orzamento máximo de licitación.

6. Obtención de documentacion e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: r/ Frei Rosendo Salvado, 16 baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701 A Coruña.

d) Telégono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 59 04 67.

f) Data límite de obtención de documentos e informacion: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do décimo terceiro día seguinte á publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas: en acto público ás 10 horas do oitavo día hábil, que non coincida en sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas. No Instituto Galego de Promoción Eco

nómica, sito en r/ Frei Rosendo Salvado, 16, Santiago de Compostela.

9. Gastos de anuncios:

Os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 1999.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica