A Dirección Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área de Ferrol), en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:
1. Obxecto e orzamento.
CP 5/1998.
Lote 1: servicio de vixilancia no Ambulatorio Fontenla Maristany de Ferrol.
Importe: 14.835.720 ptas./ano.
Lote 2: servicio de vixilancia no centro de saúde de Caranza.
Importe: 4.581.312 ptas./ano.
Lote 3: servicio de vixilancia no centro e no PAC de Cedeira.
Importe: 6.030.852 ptas./ano.
Total: 25.447.884 ptas./ano.
No dito importe inclúese o IVE.
2. Prazo de vixencia: desde a sinatura do contrato ata o 31-12-1999.
3. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, pode solicitarse na Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (departamento de subministracións), polígono da Gándara, parcela 35, 15407 Ferrol, en días laborables de 9 a 14 horas.
4. Fianzas.
a) Provisional: o 2% do importe de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.
b) Definitiva: o 4% do importe de licitación.
5. Clasificación: grupo III, subgrupo 2 e categoría B.
6. Solvencia técnica: ve-lo artigo 19 da LCAP.
7. Solvencia económica: ve-lo artigo 16 da LCAP.
8. Admisión de variantes: non se admiten.
9. Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (Ambulatorio Fontenla Maristany), praza de España 19-20 Ferrol, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 10.1 do prego de cláusulas administrativas. Se ese coincide en festivo, o prazo para a presentación de propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.
10. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas realizaraa a mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Ambulatorio Fontenla Maristany de Ferrol, ás 10 horas do décimo primeiro día natural, contando a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. En caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.
11. Documentos que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Criterios de adxudicación: a adxudicación realizarase tendo en conta os seguintes criterios:
1º Prezo ofertado: 60%.
2º Calidade técnica: 25%.
3º Medios auxiliares, equipo técnico e experiencia: 15%.
13. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
Ferrol, 27 de novembro de 1998.
Luis Verde Remeseiro
Director xerente de Atención Primaria
da Coruña-Ferrol