Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 1999 Páx. 592

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 7 de decembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de resolución do expediente sancionador 15-1203/97, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do expediente nº 15-1203/97 por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso ordinario ante o presidente do Instituto Galego de Consumo (praza de Europa nº 10-A-2º, Edif. Área Central-As Fontiñas, 15703-Santiago de Compostela) no prazo dun mes a partir desta notificación.

Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva, en período voluntario, no subseguinte prazo de 15 días hábiles, en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa Galicia (2091), oficina de Relación con Organismos (0388) Santiago de Compostela.

Expediente: 15-1203/97.

Inculpado: Iberia de Seguros, S.A.

Domicilio: Ramón Piñeiro, nº 4, entreplanta, 15702 Santiago de Compostela.

Sanción e motivos: (100.000 ptas.) obstrucción ó labor inspector.

Data da resolución: 19-11-1998.

A Coruña, 7 de decembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña