Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 1999 Páx. 590

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

EDICTO do 1 de decembro de 1998 de notificación de proposta de resolución do expediente sancionador OH.D15.9833

Por medio do presente edicto faise saber que o instructor de Augas de Galicia dictou proposta de resolución no expediente administrativo sancionador que se detalla no extracto en anexo a este edicto, referente a infraccións tipificadas na Lei 29/1985, de augas, en materia de dominio público hidráulico. Intentada a notificación da proposta de resolución no domicilio que consta no expediente, esta non se puido levar a cabo.

En consecuencia, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado a proposta de resolución referida no anexo e comunícaselle que o seu texto íntegro, xunto co resto das actuacións do expediente, se encontra á súa diposición nas oficinas do Servicio Territorial da Demarcación Galicia Norte de Augas de Galicia (r/ Wenceslao Fdez. Flórez, 1-2º, 15005 A Coruña, durante o prazo de alegacións que a continuación se indica.

En relación con esta proposta de resolución, o interesado poderá formular alegacións no prazo de quince días contados desde a publicación deste edicto

no Diario Oficial de Galicia, ante o devandito servicio territorial.

A Coruña, 1 de decembro de 1998.

Ramón Vázquez Montero

Xefe do Servicio Territorial da Demarcación Galicia Norte de Augas de Galicia.

ANEXO

Expediente número: DH.D15.9833.

Persoa interesada: Empresa Construcciones Casais, S.L.

Domicilio que consta no expediente: Recobo, s/n. Oleiros. 15920 Ribeira (A Coruña).

Acto administrativo: proposta resolución de data 1-9-1998.

Preceptos infrinxidos: 108 d) e f) da Lei de augas e 317 en relación co 316 d) e g) do Regulamento do dominio público hidráulico.

Sanción proposta: 10.000.000 de pesetas.

Indemnización proposta: 5.920.094 pesetas.