Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 1999 Páx. 590

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1998 pola que se lle renova a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construción ó laboratorio Norcontrol, S.A., con domicilio na rúa Túnel de Oural, 11. 27003-Lugo.

De acordo co establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24) polo que se aproban as disposicións reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o control de calidade da construcción, e a proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do servicio de calidade na edificación, conforme establecen os artigos 12.h e 18.3.1 a) do Decreto 70/1997, do 14 de marzo (DOG do 10 de abril), a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vienda e Solo resolveu:

Renovarlle-la acreditación e a súa inscrición no rexistro de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio Norcontrol, S.A., con domicilio rúa Túnel de Oural, nº 11.27003-Lugo, polo prazo e condicións a que se refire o artigo 4 do anexo do Decreto 441/1990 do 6 de setembro, na área de:

HB, «Área de control de formigón fresco» co número 15031HF92.

Este laboratorio e a súa acreditación considérase dependente do laboratorio Norcontrol, S.A. inscrito co número 15050HA95.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 1998.

P.D.(Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo