Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 1999 Páx. 590

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Provincial de Academias da Coruña.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1997, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) desta delegación provincial, foron depositados ás 13 horas do día 9 de decembro de 1998 a acta de constitución e os estatutos da Asociación Provincial de Academias da Coruña, que teñen os seguintes ámbitos:

Territorial: provincial.

Profesional: empresarios de academias e centros privados de ensino non reglado.

Asinan a acta de constitución: Pio Santos Movilla e unha persoa máis.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 9 de decembro de 1998.

P.S. (Decreto 227/1998 do 10 de xullo)

María Silva Costoya

Secretaria provincial da Coruña