Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 1999 Páx. 589

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos do Sindicato del Metal de la Confederación General del Trabajo (CGT) de Vigo.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, fai se público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos do Sindicato del Metal de la Confederación General del Trabajo (CGT) de Vigo, que abrangue os seguintes ámbitos:

Territorial: local.

Profesional: sindicato de traballadores.

Asinan a acta de constitución: Manuel López Pardiñas e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 9 de decembro de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra