Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 1999 Páx. 577

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se aproba definitivamente o proxecto de expropiación forzosa de servidume para a rede de sumidoiros nun terreo sito en Mera-Serantes, termo municipal de Oleiros.

Examinado o expediente 115A-98/6 relativo ó proxecto de expropiación forzosa de servidume para a rede de sumidoiros nun terreo sito en Mera-Serantes, promovido polo Concello de Oleiros para os efectos que determina o artigo 145.6º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (DOG nº 59, do 26 de marzo de 1997) e visto o informe proposto do Servicio de Urbanismo e Arquitectura da Coruña, do 5 de novembro de 1998 e a Orde do 19 de agosto

de 1997, pola que se delegan atribucións en materia de urbanismo nos delegados provinciais (DOG nº 166, do 29 de agosto de 1997).

RESOLVO:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa de servidume para a rede de sumidoiros nun terreo sito en Mera-Serantes no termo municipal de Oleiros, polo procedemento de taxación conxunta previsto nos artigos 145 e seguintes da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (DOG nº 59, do 26 de marzo de 1997), facendo constar que a aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación de conformidade co establecido no artigo 146 punto 1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación de prezo xusto (artigo 146 punto 2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo).

Segundo.-Notifica-la resolución aprobatoria do expediente a tódolos interesados titularses dos bens e dereitos que figuran nel, conferíndolles un termo de vinte días durante o cal poderán manifestar por escrito ante esta delegación provincial a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, conforme dispón o artigo 145 punto 7º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, advertíndolles que, transcorrido o citado prazo, de vinte días sen que se formule oposición á valoración entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade (artigo 145 punto 8º da Lei 1/1997, do 24 de marzo).

Terceiro.-Publica-la presente resolución así como a relación dos seguntes bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello.

Predio nºPropietarioSuperficieValoración

AAmelia Ríos Lago

Flora Ríos Lago

Manuel González del Río

Manuel Fernández Ríos

Severino Fernández Ríos

Manuel Illanes Casal

100 m115.763 ptas.

BFrancisco Correa Rey80 m92.610 ptas.

Así mesmo, a publicación e exposición no taboleiro de edictos do concello, servirá de notificación ós propietarios descoñecidos, ós de lugar de notificación ignorado, ou ben cando, tramitada a notificación, non se puedese realizar. Todo isto de acordo

co disposto no artigo 59.4º da Lei 3/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro de 1992).

Contra a citada resolución que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da data de notificación desta resolución.

A Coruña, 19 de novembro de 1998.

Jesús Almuiña Loeda

Delegado provincial da Coruña